14 DE JUNIO DE 2023
As Xornadas de Tecnificación organizadas pola Federación Ciclismo Galego (FCG) atópanse nunha das fases máis intensas da temporada e o pasado sábado foi a quenda do BTT Infantil. Dezasete bikers citados polo seleccionador autonómico Jose Alberto del Río participaron nun día que tivo de todo. As rapazas e os rapaces formáronse, adestraron e desfrutaron do tempo de lecer no Monte Castrove de Poio.
O programa desta convivencia arrancou coa charla impartida por Jaime Juncal. Especialista en alimentación emocional e autocoñecemento, ademais de experimentado ciclista, ofreceu consellos e aclarou dúbidas sobre nutrición. A continuación, as e os infantís subíronse ás bicicletas para pedalear no mesmo escenario que ao día seguinte acolleu a proba de Mini BTT organizada polo Poio Bike Club. O seleccionador galego aproveitou esta sesión para incidir en cuestións técnicas.
Unha vez vez concluído o adestramento, nin moito menos menos finalizou a Xornada FCG. O grupo compartiu un xantar e pola tarde achegouse a seguir in situ o paso dos coches no rally da Subida Á Escusa. En definitiva, un día para estreitar lazos e traballar diferentes aspectos de cara ao Campionato de España Escolar que se disputará do 29 de xuño ao 2 de xullo en Cartagena (Región de Murcia).
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es