21 DE JULIO DE 2024
O ciclismo de Estrada galego xa ten o seu propio campus. A localidade coruñesa de Culleredo acolleu durante tres días, do 16 ao 18 de xullo, a primeira edición dun campamento no que os seus 20 participantes dedicáronse a moito máis que pedalear sobre o asfalto. Unha experiencia polideportiva e moi divertida coa que se abriu o calendario de convivencias da Federación Ciclismo Galego (FCG) neste verán.
Hospedado na Residencia Rialta, o pelotón do Campus Ciclismo Galego de Estrada saíu todos os días a rodar baixo a dirección de Jacobo Ucha, técnico da FCG e coordinador do campamento. Estes adestramentos formativos combináronse co achegamento a outros deportes. As rapazas e os rapaces desfrutaron dun bautizo de kayak de mar nunha experiencia da que se encargou Pintega Kayak, colleron a raqueta para practicar tenis e pádel, e pasaron unha tarde na piscina da Residencia Rialta practicando natación e xogando ao baloncesto acuático.
Co sentir xeral de que os tres días se pasaron voando, a FCG xa ten todo preparado para os seus campus do mes de agosto. Os dous celebraranse na Estación de Montaña de Manzaneda: do 15 ao 17 de agosto a segunda edición do de Mini DH by Eva Castro e na seguinte semana, do 19 ao 22, o de Ciclorós.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es