07 DE NOVIEMBRE DE 2024
A Federación Ciclismo Galego (FCG), en colaboración coa Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), organiza os Cursos de Director Deportivo Nivel I e Nivel II. As sesións impartiranse de forma online a través da plataforma Zoom dende o 13 de xaneiro ata o 15 de febreiro. Esta dobre actividade encádrase no plan de promover e formar aos diferentes estamentos que compoñen o pelotón ciclista.
Os relatores que se encargarán de explicar os contidos dos programas deseñados para cada nivel teñen en común a súa ampla experiencia no mundo do ciclismo. Na nómina de profesores destaca a presenza, entre outros, de Félix García Casas, exciclista profesional de estrada e actual seleccionador español de Ciclismo Adaptado e Pista; Cristina San Emeterio, directora deportiva do UAE Team ADQ; o psicólogo deportivo Jorge Carril, creador da consultoría Deportivamentes; Emilio de la Campa, fisioterapeuta do equipo Movistar; e Álvaro García, responsable de comunicación do equipo Polti Kometa.
Todas as sesións quedarán gravadas, polo que non é necesario seguilas en directo e poderán visualizarse posteriormente tantas veces como se desexe. Os exames tamén se realizarán de forma online, neste caso a través da plataforma habilitada pola FGC. As alumnas e os alumnos que acaden a cualificación de 'Aptos' na parte teórica deberán completar o curso cun periodo de prácticas.
Inscrición e matrícula
Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel I son os seguintes:
-1º prazo (ata o 19 de decembro)
Prezo: 260 euros (Federado) - 320 euros (Non Federado)
-2º prazo (dende o 20 de decembro ata o 8 de xaneiro)
Prezo: 300 euros (Federado) - 370 (Non Federado)
Fai click nesta ligazón para consultar toda a información e apuntarte
Os prazos para inscribirse e as tarifas da matrícula para o Curso de Director Deportivo Nivel II son os seguintes:
-1º prazo (ata o 19 de decembro)
Prezo: 360 euros (Federado) - 420 euros (Non Federado) - 250 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)
-2º prazo (dende o 20 de decembro ata o 8 de xaneiro)
Prezo: 400 euros (Federado) - 470 (Non Federado) - 300 euros (Graduados, Diplomados, Licenzados Educación Física ou TAFAD)
Fai click nesta ligazón para consultar toda a información e apuntarte
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es