Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Calcetíns inclusivos para a Selección de Galicia de Ciclocrós

03 DE ENERO DE 2022

Cortesía de Maldita Buena Suerte

Calcetins-inclusivos-para-a-Seleccion-de-Galicia-de-Ciclocros

Estrea con significado da Selección de Galicia. As corredoras e os corredores que defenderán as cores do combinado autonómico esta semana, dende o venres ata o domingo, no Campionato de España de Ciclocrós lucirán na localidade valenciana de Xàtiva uns calcetíns inclusivos. Un agasallo cortesía de Maldita Buena Suerte

A firma coruñesa regala á Selección este complemento para o seu vestiario, unha idea orixinal coa que se realiza unha chiscadela ás rapazas e aos rapaces con síndrome de Down. Do mesmo xeito que acontece co deseño dos calcetíns, non todos somos iguais e esa diversidade debe reivindicarse. 

A Federación Ciclismo Galego segue tendo como unha das súas prioridades a inclusión das persoas con capacidades diferentes. Diversidade e integración, dous conceptos que mellor que ninguén representa Borja Gómez Méndez, o ciclista ponteareán que un ano máis competirá no Campionato de España de Ciclocrós coa Selección de Galicia.  

GALERÍA DE FOTOS

Calcetíns inclusivos para a Selección de Galicia de Ciclocrós
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es