Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Miguel Rodríguez entra na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós en Estados Unidos

25 DE ENERO DE 2022

O ponteareán e Laura Mira disputaron o domingo coa Selección de Galicia a clausura da Copa do Mundo no circuíto neerlandés de Hoogerheide

Miguel-Rodriguez-entra-na-convocatoria-de-Espana-para-o-Mundial-de-Ciclocros-en-Estados-Unidos

O ciclocrós galego estará no Mundial que se celebra esta vindeira fin de semana en Estados Unidos. O sub23 Miguel Rodríguez forma parte da lista de sete ciclistas confeccionada polo seleccionador español Pascual Momparler. O pontearerán do Supermercados Froiz competirá no circuíto de Fayetteville (Arkansas) o sábado ás 20:00 horas. 

Gañador da clasificación sub23 da Copa de España e da xeral absoluta da Copa Galicia no seu primeiro ano na categoría, Rodríguez terá como compañeiro de selección na carreira sub23 ao cántabro Gonzalo Inguanzo, con quen tamén comparte cores no Supermercados Froiz. O resto da convocatoria compóñena os elites Felipe Orts e Kevin Suárez, a elite Lucía González, a sub23 Lydia Pinto e o júnior Raúl Mira.

Fai click neste enlace para ver un vídeo sobre o escenario no que se porán en xogo as camisolas do arco da vella. 

O debut nun Mundial do corredor de Ponteareas chegará á semana seguinte de ter participado coa Selección de Galicia na clausura da Copa do Mundo en Hoogerheide. Rodríguez acudiu aos Países Baixos xunto a Laura Mira e os dous representantes do combinado autonómico medíronse aos mellores especialistas do planeta. Un reto aínda máis complicado que o do domingo anterior en Flamanville (Francia) dado que en terras neerlandesas só se celebraron carreiras absolutas, por mor da COVID, e non houbo probas por categorías. 

O belga Eli Iserbyt, gañador da xeral elite da Copa do Mundo, impúxose por 2 segundos ao neerlandés Lars Van der Haar, segundo, e ao británico Tom Piddock, terceiro. Nun percorrido rápido, Rodríguez asinou a 47ª posición, a 5:36 do primeiro clasificado. 

As grandes estrelas do ciclocrós mundial tamén dominaron na carreira feminina. Aínda en idade júnior, a porriñesa Mira compartiu grella de saída con ciclistas elite como a neerlandesa Marianne Vos, vencedora en Hoogerheide, ou a súa compatriota Lucina Brand, segunda nesta cita e que se levou a xeral da Copa do Mundo. A representante galega clasificouse 57ª e con esta experiencia pecha unha temporada na que por segundo ano consecutivo colgouse a medalla de prata xuvenil no Campionato de España. 

Clasificacións Hoogerheide

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Miguel Rodríguez entra na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós en Estados Unidos
Miguel Rodríguez entra na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós en Estados Unidos
Miguel Rodríguez entra na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós en Estados Unidos
Miguel Rodríguez entra na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós en Estados Unidos
Miguel Rodríguez entra na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós en Estados Unidos
Miguel Rodríguez entra na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós en Estados Unidos
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es