Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandra Neira debutará coa selección española júnior na Clásica Jaén Paraíso Interior

10 DE FEBRERO DE 2025

A proba inaugural da Copa das Nacións dispútase este domingo

Alejandra-Neira-debutara-coa-seleccion-espanola-junior-na-Clasica-Jaen-Paraiso-Interior

Foto: Julio González

A campiona de España cadete no 2024 estréase coa selección española júnior. A santiaguesa Alejandra Neira (Baqué Movistar Team) é unha das seis convocadas pola seleccionadora estatal Gema Pascual para disputar este vindeiro domingo, día 16 de febreiro, a Clásica Jaén Paraíso Interior. A carreira andaluza abre o calendario da Copa das Nacións, o certame no que as mellores xuvenís do mundo mídense ao longo do ano por toda Europa.

imagen

A esixente proba por terras xienenses, que por primeira vez forma parte do calendario da Copa das Nacións, comprenderá un percorrido de 84,5 quilómetros e 1100 metros de desnivel positivo acumulado no que as ciclistas se atoparán ata catro tramos de sterrato. Os treitos de Juancaballo (3,7 km), Santa Eulalia (2,5 km); Guadalupe (6,2 km); e Vandelvira (1,2 km e que conclúe a só 2 km de meta) achegarán un extra de dureza a unha cita que comezará e finalizará na localidade de Úbeda.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es