22 DE JULIO DE 2025
Foto: RFEC
No seu primeiro ano na categoría, Alejandra Neira xa é unha habitual nas convocatorias da selección española júnior. A santiaguesa do Baqué Movistar Team, flamante campioa estatal de contra o reloxo individual, forma parte da lista de seis ciclistas confeccionada pola seleccionadora Gema Pascual para defender dende este venres, día 25, a vitoria lograda o ano pasado pola navarra Paula Ostiz na Watersley Ladies Challenge. A proba neerlandesa é a penúltima cita do calendario da Copa das Nacións da UCI 2025.
A competición comezará este próximo venres cunha contra o reloxo individual de 6,4 quilómetros e continuará con dúas etapas en liña de perfil quebrado, con numerosas pequenas subidas. O sábado terá lugar unha tirada de 74,2 km, mentres que o domingo a xornada final constará de 82,1 km.
FORMACIÓN
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es