14 DE NOVIEMBRE DE 2025
Foto: Luz Iglesias
O calendario de competicións da Selección de Galicia de Ciclocrós na temporada 2025-2026 comeza esta fin de semana na Comunidad de Madrid. O seleccionador Jose Alberto del Río confeccionou unha lista de dez especialistas cadetes, cinco rapazas e cinco rapaces, para participar este domingo no XIII Ciclocross Alcobendas Ciudad Europea del Deporte 2025, quinto evento puntuable para a Copa de España. A convocatoria completa é a seguinte:
Pedro Cidrás Álvarez (XSM-Santomé de Piñeiro, C.C.)
Vega Aldrey Ventureira (Cambre, C.C.)
Aarón Rodríguez Arenas (Lynalfa-C.C. Ponteareas)
Marta Utrera Carballo (Armenteira e Punto, C.)
Sergio Pérez Novio (Avanza-O Porriño, A.D.)
Nerea Soto Álvarez (Lynalfa-C.C. Ponteareas)
Guillermo García Alonso (Avanza-O Porriño, A.D.)
Lara Fernández López (Cambre, C.C.)
Mateo Hermida Bastos (Lynalfa-C.C. Ponteareas)
Clara Pintos Gómez (Lynalfa-C.C. Ponteareas)

A Federación Ciclismo Galego traballou coa categoría cadete a finais de outubro na Xornada de Tecnificación que tivo lugar en Betanzos e a aposta polas promesas do CX queda de novo de manifesto acudindo a un evento que serve como ensaio para o Campionato de España en Tarancón do vindeiro mes de xaneiro. Formando parte da Selección de Breogán comparecerán en Alcobendas dous dos tres primeiros clasificados na xeral cadete masculina da Copa de España. Guillermo García encabeza a táboa con 91 puntos e Pedro Cidrás ocupa a terceira posición con 55.
O circuíto de 3 quilómetros na cidade deportiva Valdelasfuentes divídese en dúas campas. Unha delas conta cun rápido trazado, con diferentes cambios de dirección e dúas subidas esixentes. Pola súa banda, a segunda campa consta de múltiples obstáculos, treitos de area e taboleiros.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es