Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Guillermo García exerce de líder da Copa de España de Ciclocrós coa Selección de Galicia

18 DE NOVIEMBRE DE 2025

O tamén cadete Aarón Rodríguez acadou o outro podio da Selección de Breogán en Alcobendas

Guillermo-Garcia-exerce-de-lider-da-Copa-de-Espana-de-Ciclocros-coa-Seleccion-de-Galicia-

Fotos: RFEC

A Selección de Galicia estreou ao grande o seu calendario de probas de ciclocrós correspondente á temporada 2025-2026. O combinado dirixido por Jose Alberto del Río acudiu con dez cadetes á quinta xornada puntuable da Copa de España e obtivo este domingo un dobre podio na carreira masculina do XIII Ciclocross Alcobendas Ciudad Europea del Deporte 2025. O líder da xeral Guillermo García venceu en solitario e Aarón Rodríguez fixo terceiro no circuíto madrileño. 

Gañador de tres das anteriores catro citas do certame estatal, o portador da camisola da Copa deu un importante pasao cara ao título. Guillermo García goza agora dunha vantaxe de 50 puntos cando restan tres eventos por disputarse. O corredor do Avanza-O Porriño impúxose en Alcobendas con 22 segundos de marxe respecto ao madrileño Alberto García (Sanse). O duelo pola terceira praza decantouno ao seu favor Aarón Rodríguez, distanciándose en 15" de Joanes Aldaba (Navarra). O ciclista do Lynalfa-Ponteareas rematou a 50" do seu compañeiro de selección. Outro posto entre os dez primeiros logrou Mateo Hermida, sexto, mentres que Pedro Cidrás entrou 12º e Sergio Pérez, 28º.  

A súa fortaleza como bloque tamén a amosaron as representantes femininas da Selección de Breogán. As cinco ciclocrosistas de Galicia finalizaron entre as 13 primeiras cadetes. A mellor clasificada foi Vega Aldrey, sétima a 1:15 da vencedora, a vasca Noa Vega (Baqué Movistar). A continuación da ciclista do Cambre completaron o top-10 Lara Fernández -oitava-, Clara Pintos -novena- e Nerea Soto -décima-. A 13ª posición asinouna Marta Utrera

imagen

Máis alá da actuación da Selección, nunha experiencia que serviu como ensaio para o Campionato de España que se celebrará en Tarancón o vindeiro mes de xaneiro, Marcos Rodríguez (Academia Postal - Maceda) sobresaíu no balance do CX galego coa súa cuarta praza na proba júnior. En canto ao apartado feminino, a júnior Xiana Seijo (Caimanes Betanzos) cruzou a liña de meta na novena posición e na carreira raíña a elite Irene Trabazo e a sub-23 María Filgueiras, ambas do XSM, concluíron novena e décima, respectivamente. 

Máster

O grupo de idade Máster-60 resolveuse cun dobrete do noso ciclocrós. Marcial Rodríguez (QuéBici-Marcisport) adxudicouse o triunfo por 40" de diferenza sobre Darío Buceta (Farto). Os outro podios da nosa comunidade acadáronos Beatriz Vicente (Podium Team), segunda máster-40, mesma posición na que se mantén na xeral, e Manuel Armada (Cidade de Santiago), segundo máster-50, categoría que segue liderando Eloy Otero (In Situ), sexto en Alcobendas, un posto por diante de Guillermo Álvarez (Cambre). Por último, no que respecta á competición máster-40 masculina, Ángel Vilanova (Compostelano) terminou sexto e Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko), décimo. 

imagen

A Copa de España alcanzará a súa sexta e antepenúltima xornada este domingo na localidade barcelonesa de Vic. 

Máis información e clasificacións 

GALERÍA DE FOTOS

Guillermo García exerce de líder da Copa de España de Ciclocrós coa Selección de Galicia
Guillermo García exerce de líder da Copa de España de Ciclocrós coa Selección de Galicia
Guillermo García exerce de líder da Copa de España de Ciclocrós coa Selección de Galicia
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es