Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia cambiou de campións Elite e Sub23 de contra o reloxo individual nas Pontes

17 DE MAYO DE 2022

María Jesús Barros, Justo González, Claudia García e Raúl Casalderrey encabezan a nómina de 19 ciclistas que se fixeron coas coroas autonómicas de CRI. O uruguaio Eric Fagúndez marcou o mellor tempo da xornada.

Galicia-cambiou-de-campions-Elite-e-Sub23-de-contra-o-reloxo-individual-nas-Pontes

O ciclismo galego retomou este martes un dos hábitos que se viu alterado pola pandemia. O 17 de maio, no Día das Letras Galegas, celebrou o seu Campionato de Contra o Reloxo Individual. Desta volta as coroas autonómicas de CRI puxéronse en xogo con máis de 300 participantes na localidade coruñesa das Pontes e nas categorías Elite e Sub23, tanto en homes como en mulleres, non repetiu ningún gañador respecto ao ano pasado.

Nunha xornada de tempo cambiante o vento e a chuvia acompañaron por momentos ás corredoras e aos corredores nun percorrido de 20,3 quilómetros. O mellor tempo rexistrado na proba organizada polo Club Ciclista As Pontes Vilalba e a Federación Ciclismo Galego (FCG) marcouno o elite uruguaio Eric Fagúndez (Alumios Cortizo), que detivo o reloxo 28:03. O segundo posto, a 40” do gañador, correspondeu ao sub23 romanés Luncan Serban (Drone Hopper). Os dous primeiros clasificados non contabilizaban a efectos do Campionato de Galicia.

Raúl Casalderrey (Supermercados Froiz), terceiro na xeral, foi o mellor galego nas Pontes e cun ‘crono’ de 28:54 conquistou o seu primeiro título autonómico Sub23. A cuarta e a quinta praza obtivéronas dous máster-30 do equipo Norinver: Samuel García, cunha marca de 28:55, destronou dentro do seu grupo de idade a Damián Ramos, que cubriu o percorrido en 29:16.

Outro máster-30 como Daniel Regueiro (Chantadino) fixo sexto na xeral e sétimo rematou o júnior Ricardo Buba (Drone Hopper), revalidando o seu título xuvenil. En canto aos elites, Justo González (Team Oiense) conseguiu súa primeira camisola autonómica na categoría raíña tras clasificarse décimo terceiro na táboa absoluta. Subiu ao podio do Campionato de Galicia Elite escoltado por dous compañeiros de equipo, Ginés López e Aser Estévez, segundo e terceiro respectivamente.

O resto de categorías masculinas tiveron como triunfadores a Iván Vidal (Lasal Cocinas-Louriña) nos máster-40, José Ramón Caamaño (Chantadino) nos máster-50, Ernesto Ortiz (ADO Moure) nos máster-60, Javier Abalde (ParaciclismoGalicia) en MC5, Ángel López (Inclusivo Enki) en MH2, Alejandro González (Inclusivo Enki) en MH3 e Álvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos) en MH4.

Pola súa banda, Alejandro Crende (Cidade de Lugo-Mybike) venceu nos cadetes, grupo de idade que realizou un percorrido máis curto, de 11,6 km.

Categorías femininas

A estrutura do Oiense tamén se impuxo no campionato elite feminino. Nas Pontes, no mesmo escenario onde no 2019 lograra o seu último título de CRI, a porriñesa María Jesús Barros cruzou a liña de meta cun tempo de 34:17, mellor resultado da xornada entre as mulleres. Polo segundo posto e polo ouro sub23 pugnaron dúas corredoras do Team Farto-BTC, un duelo entre compañeiras que se adxudicou Claudia García, 35:31, por 28” de vantaxe sobre Carla Fernández, que cedeu a coroa da súa categoría.

María de la Barca Toba (Kiwi Atlántico-Louriña), con 36:04, finalizou cuarta e segunda mellor elite , mentres que o top-5 pechouno outra ciclista da súa formación como Carla Guisande, bronce sub23 grazas a un rexistro de 36:55. A sub23 Sabela Rey concluíu sexta, mentres que a sétima na clasificación xeral foi a gañadora máster-40 Cristina Molina (Norinver).

A cadete María Filgueiras (Río Miera), a júnior Laura Mira (Supermercados Froiz), a máster-30 Pilar González (Bici O Con), e a máster-50 Ana Abeijón (ADO Moure) completaron a nómina de campioas.

En total, dezanove ciclistas recibiron os maillots autonómicos nunha cerimonia de entrega de premios que contou coa presenza de Antonio Alonso, tenente alcalde das Pontes; Chicho Tembrás, concelleiro de Deportes; Elena López, concelleira de Turismo; Marcos Fernández, presidente do club organizador, xunto ao tesoureiro Agustín López; e Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG. 

Clasificacións

Fotos da Galería: Mundito Carballo 

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es