Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG para corredores cadetes de Estrada

09 DE MAYO DE 2024

O sábado 18 de maio en Ponteareas

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-para-corredores-cadetes-de-Estrada

Unha vila que é berce de históricos campións acollerá a vindeira Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) para corredores de Estrada. O sábado 18 de maio a convivencia cadete masculina celebrarase na localidade pontevedresa de Ponteareas. Como vén sendo habitual dende que se puxo en marcha esta iniciaitiva, ademais de adestrar os participantes recibirán charlas formativas. 

Os ciclistas convocados recibirán a citación a través dos seus clubs despois do XVII Premio Ciclista San Isidro - Trofeo Blanco Villar deste sábado en Rois. Unha semana despois desta competición, reuniranse en Ponteareas baixo a dirección de Jacobo Ucha, técnico e seleccionador da FCG. No que vai de ano xa se celebraron tres Xornadas de Tecnificación para o pelotón de Estrada -Júnior, Sub-23 e Categorías Femininas- todas elas co obxectivo de corroborar o estado físico das promesas do noso ciclismo, ofrecerlles novos coñecementos e consellos, así como crear vínculos de cara ás competicións ás que asistirá a Selección de Galicia. 

A realización desta nova concentración dun día é posible grazas á inestimable colaboración do Club Ciclista Lynalfa-Ponteareas e do Concello de Ponteareas

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es