27 DE ABRIL DE 2023
En Italia e nos Países Baixos a selección española aliñou a pasada semana a ciclistas da nosa comunidade en dúas prestixiosas competición do calendario UCI (Unión Ciclista Internacional). Damián Ramos defendeu as cores do combinado estatal na apertura da Copa do Mundo de Paraciclismo na localidade transalpina de Maniago e María Filgueiras formou parte do quinteto de España na EPZ Omloop Van Borsele, segunda cita da Copa das Nacións para corredoras juniors. Ademais de adquirir máis experiencia ao máximo nivel mundial, o coruñés e a miñesa deron a talla.
O paraciclista do Lasal Cocinas-Louriña, único representante da clase C5 de bicicleta adaptada na convocatoria confeccionada polo seleccionador Félix García Casas, asinou un dobre top-15. Na proba de fondo clasificouse duodécimo, a 38 segundos do gañador Kevin Le Cunff (Francia), e na contra o reloxo individual obtivo a décimo cuarta posición, a 5'12" do mellor tempo, o do brasileiro Lauro Mouro. A Copa do Mundo de Paraciclismo continuará do 4 ao 7 de maio na localidade belga de Ostende. (Ver clasificacións)
O maillot do equipo estatal tamén xa o tiña lucido María Filgueiras no calendario internacional de ciclocrós, pero a corredora do XSM fixo a súa estrea coa selección júnior de estrada. Ás ordes de Gemma Pascual, a ciclista de Miño e outras catro xuvenís disputaron a EPZ Omloomp Van Borsele, carreira de tres días na rexión neerlandesa de Zelanda e que se caracteriza pola incómoda presenza do vento nos seus percorridos por estradas estreitas e chairas. A galega foi unha das tres españolas que conseguiu completar as tres etapas, a primeira delas unha contra o reloxo. Fíxoo no 107º posto.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es