Día Mundial do Síndrome de Down: "Que nada nos separe"

21 DE MARZO DE 2021

O ponteareán Borja Gómez enche de orgullo ao ciclismo galego como modelo a seguir da integración no deporte das persoas con capacidades diferentes

Dia-Mundial-do-Sindrome-de-Down-Que-nada-nos-separe

Este domingo 21 de marzo celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down, unha xornada para crear conciencia sobre as persoas con capacidades diferentes. O lema deste ano reza "Que nada nos separe" e ese desexo lévao á práctica diariamente Borja Gómez, o corredor do Club Ciclista Ponteareas que enche de orgullo a todo o ciclismo galego. 

Borja é moito máis que un exemplo a seguir. A súa constancia, actitude e ledicia leva derribando barreiras desde que de acordo co seu pai 'Calis' decidiu competir no calendario autonómico. A súa presenza no Campionato de España de España de Ciclocrós 2018 defendendo o maillot da Selección de Galicia provocou un 'boom' mediático que serviu, entre outras moitas cousas, para que nos estatais de ciclocrós celebrados no 2020 en Pontevedra se incluíra por primeira vez unha carreira inclusiva no programa dun Campionato de España.

"Un emblema da Selección", definíao Guillermo Sande. Borja abriu un camiño para as persoas con capacidades diferentes e dende a Federación Galega de Ciclismo aproveitamos este 21 de marzo para reclamar que se continúe a traballar cara a igualdade de oportunidades total no deporte e en todos os ámbitos da vida. Que nada nos separe. 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es