Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Orde de saída e comunicado do Campionato de Galicia CRI

13 DE MAYO DE 2022

Decisións adoptadas debido á alta cifra de participación

Comunicado-e-orde-de-saida-para-o-Campionato-de-Galicia-CRI-

Unha vez pechado o prazo de inscrición, e debido á alta cifra de participación por enriba dos 300 ciclistas, a organización do Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI) comunica as seguintes decisións:

----- As saídas das categorías Cadete Feminina, Cadete Masculina, Ciclismo Adaptado e Máster (todos os grupos de idade) daranse cada 30 segundos, mentres que nas categorías Júnior Feminina, Júnior Masculina, Sub23 Feminina, Sub23 Masculina, Elite Feminina e Elite Masculina as saídas daranse de minuto en minuto.

----- Por motivos de seguridade non estará permitido levar vehículo seguidor nas categorías con saídas cada 30 segundos.

----- En canto aos vehículos nas categorías con saídas de minuto en minuto, permítese a súa presenza sempre e cando o condutor teña licenza e título de director acorde á categoría do ciclista que desexe seguir.

----- Os ciclistas deberán presentarse na zona de saída mínimo 10 minutos antes da súa hora de saída para que os xuíces árbitros poidan verificar a súa bicicleta. Unha vez pasen o control non poderán abandonar a zona de saída. 

 

Achegamos a orde de saída

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es