Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos cólgase a medalla de bronce na contra o reloxo do Europeo Paralímpico

18 DE AGOSTO DE 2023

O corredor coruñés da clase C4 quedou a 1 segundo da prata en Rotterdam

Damian-Ramos-colgase-a-medalla-de-bronce-na-contra-o-reloxo-do-Europeo-Paralimpico

Acariciouno en dúas ocasións no 'Súper Mundial' de Glasgow e conseguiuno días despois no Europeo de Rotterdam. O coruñés Damián Ramos subiu ao podio este venres na contra o reloxo individual do campionato continental de Ciclismo Paralímpico. Na proba de clase 4 de bicicleta adaptada, o representante galego na convocatoria da selección española colgouse a medalla de bronce e quedou a 1 segundo da de prata. 

Cuarto na CRI do Mundial, o paraciclista do Lasal Cocinas-Louriña estreou nos Países Baixos a súa conta de metais en grandes eventos internacionais. Ramos completou en 20 minutos e 41 segundos o percorrido de 15 quilómetros, no que se daban tres voltas a un circuíto. O rexistro do herculino superou en 1" o do suízo Timothy Zemp. A vitoria correspondeu ao francés Gatien Le Rousseau, subcampión do mundo en Glasgow.

imagen

Despois de acadar unha das oito medallas que España sumou na xornada reservada ás 'cronos', o corredor da Coruña volverá á acción este sábado na proba de fondo. Ramos partirá de novo como un dos favoritos a pisar o caixón avalado polo seu quinto posto o pasado sábado no Mundial. 

Clasificacións

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es