15 DE DICIEMBRE DE 2020
O Plan Estratégico de Alto Rendimiento y Tecnificación posto en marcha pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) continuará esta semana coa presenza de catro galegos en dúas concentracións que se celebrarán en Alicante. Tras finalizar este mércores a convivencia dos especialistas en Ciclocrós, o xoves chega a quenda do BMX Freestyle Park e ao día seguinte, a dos corredores de estrada júnior e sub23.
O cadete Álex Martínez e a sub23 Rebeca Dávila foron citados xunto a outros once riders do panorama estatal para estas xornadas que terán lugar no Hotel Bonalba de Mutxamel, un emprazamento no que coincidirán a partir do venres con quince corredores de estrada sub23, un deles Carlos Canal (Burgos BH), e con nove ciclistas do pelotón júnior español, entre eles Miguel Ángel Mera (MMR).
Como vén sendo habitual, o traballo durante estes días estará centrado na realización de múltiples tests de saúde e rendemento dos corredores adaptados ás súas disciplinas, ademais de ofrecerlles formación en distintas áreas para a súa aprendizaxe e mellora continua. A concentración de BMX conclúe o día 20 e a dos corredores de estrada, o 22.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es