22 DE JULIO DE 2025
Foto: RFEC
Saúl Vilar non deixa de medrar. O vigués foi o rider máis destacado da selección española de BMX Freestyle Park no Ghetto Games Festival de Ventpils; un evento da clase C1 disputado o pasado venres en Letonia. O combinado estatal puido medirse no país báltico con algúns dos mellores especialistas do continente.
Aos seus 18 años, o rider sub-23 do BMX Cromoly acadou o seu mellor posto ata o momento nunha proba internacional. Concluíu quinto e sumou 90 puntos UCI. Por diante de Vilar clasificáronse tres representantes do país anfitrión, entre eles o gañador Ernests Zebolds, e o esloveno Jaka Remec. O galego foi o único menor de 20 anos no top-5.
BMX
EVENTOS
BMX
BMX
BMX
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es