Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG organiza unha concentración técnico-formativa de Enduro BTT

10 DE MAYO DE 2021

O 15 de maio en Mugardos

A-FCG-organiza-unha-concentracion-tecnico-formativa-de-Enduro-BTT

Este vindeiro sábado, día 15 de maio, a Federación Ciclismo Galego (FCG) realiza unha concentración técnico-formativa de Enduro BTT na localidade coruñesa de Mugardos de cara a preparar a convocatoria da Selección de Galicia para participar no Campionato de España Enduro 2021 que se disputará o 6 de xuño no mesmo escenario. 

Por primeira vez na historia desta disciplina, a categoría cadete terá o seu campionato estatal, polo que a FCG solicita aos clubs que llo fagan saber aos seus corredores/especialistas de Enduro por se desexan participar nesta xornada. Do mesmo xeito, a convocatoria tamén abrangue a corredoras/es juniors e sub23. 

A concentración terá unha parte teórica, en horario de mañá, na que se impartirán nocións de adestramento xeral, adestramento específico, nutrición, táctica, utilización eficiente das suspensións e regulacións ideais da bicicleta para afrontar un Enduro. A segunda parte da xornada, pola tarde, centrarase na práctica cunha ruta polo Montefaro e un control físico con toma de tempos. 

Esta actividade contará coa colaboración de Tony Pérez, múltiple campión de España nesta especialidade, e de Pedro Dapena, xerente de Ciclos Quintena. Os dous convidados participarán nunha xornada dirixida polos dous directores técnicos da FCG, Jacobo Ucha e José Manuel Abalo, xunto ao directivo Esteban Lorenzo.

O prazo para anotarse nesta concentración orientada a lograr un maior rendemento nesta disciplina do BTT remata o martes 11 de maio ás 14:00 horas. Desde os clubs deberán comunicar, a través da conta de correo electrónico tecnicos@fgalegaciclismo.es, os nomes das/os corredoras/es e o teléfono de contacto (no caso das/os menores de idade o do seu titor/a) dos interesados en participar. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es