Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación do Pontebike Team

04 DE ABRIL DE 2021

O equipo ponteareán participará este ano a nivel estatal en probas de XCO, Enduro e Descenso

Presentacion-do-Pontebike-Team-

O club ciclista Pontebike Team de Ponteareas, creado no ano 2020, dá un paso adiante máis no seu crecemento e este ano decidiu crear o seu equipo de competición a nivel estatal. Esta formación pontevedresa de BTT participará en probas de Enduro, Descenso e XCO. As categorías que formarán parte deste proxecto serán Cadete masculino e feminino, Júnior, Sub23, Elite e Máster.
 
O equipo de competición aspira a estar nos primeiros postos dos rankings. A súa posta en marcha é posible grazas ao patrocinio das empresas Porto Martínez SL, Sportskids, Biziebike e Cadacan, así como do Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia por parte das institucións públicas. O club espera seguir crecendo e formando un equipo competitivo a nivel estatal para dar a oportunidade ás mozas e aos mozos de que compitan na modalidade de BTT que máis lles apaixone.
 
Os ciclistas que formarán parte deste equipo son:
Cadete Masculino: Héctor Quinteiro
Cadete Feminino: Lucía Piñeira
Júnior: Pablo Porto e Marcos Estévez.
Sub23: Ismael Romero, José Sánchez, Adrián Ucha, Brais Álvarez, Mateo Martínez e Sergio Piñeira.
Elite: José María Romero, Óscar Barciela, Xoán Pujales e Óscar Costas.
Máster: Juan Manuel Pousada.
 
Fonte: Pontebike Team

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es