Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ortega e Busto coróanse en Noia como os primeiros campións de Galicia de Resistencia

21 DE FEBRERO DE 2022

O Extol MTB Team impúxose nas dúas clasificacións elite.

Ortega-e-Busto-coroanse-en-Noia-como-os-primeiros-campions-de-Galicia-de-Resistencia

Fotos: Luz Iglesias

A primeira temporada da modalidade de Resistencia dentro do calendario da Federación Ciclismo Galego (FCG) baixou o pano este domingo coa súa cita máis importante e con récord de participantes. A 3 Horas BTT Noia reuniu a 280 bikers para a disputa do Campionato de Galicia no circuíto do Polígono Industrial de Agualevada. A formación do Extol MTB Team, por medio de Eva Ortega e Javier Busto, dominou por partida dobre as clasificacións elite.

Antes de que as bicicletas comezaran a rodar durante 3 horas no evento organizado polo Club Peña Ciclista Toxo, gardouse un minuto de silencio en memoria dos falecidos e desaparecidos na traxedia do 'Villa de Pitanxo' nas augas de Terranova. Desta homenaxe pasouse a unha accidentadas posta en escena coa caída nada máis arrancar de Manuel Ángel Parada (Xesteiras), que saíra dende a primeira fila da grella. Co gañador da xeral da Copa Galicia dando cos seus ósos no chan, un compañeiro do seu equipo como Alejandro Trasbach e Busto foron os principais protagonistas da carreira. 

Por tan so 10 segundos de diferenza, e despois de dar once voltas ao circuíto, o elite do Extol asinou o mellor rexistro na liña de meta cando o reloxo marcaba 2 horas 57 minutos e 55 segundos dende o inicio da proba. Trasbach esixiulle ata os metros finais e obtivo o título máster-40, mentres que Daniel García outorgoulle outra coroa ao Xesteiras ao rematar terceiro, a 57" de Busto, e proclamarse campión máster-30. 

Case todos os ciclistas que compuxeron o top-10 conseguiron medalla nas súas categorías. O noiés Ángel Maneiro (Vigo-Rías Baixas), que terminou cuarto, venceu entre os sub23 e no podio estivo escoltado por Diego Marnotes (Terras de Cea) e Ignacio Casal (Os Esfola Arrós), segundo e terceiro respectivamente no seu grupo de idade. A quinta posición ocupouna Yago Fernández (Extol), segundo nos elites; sexto clasificouse Diego Álvarez (MTC), segundos nos máster-40; sétimo fixo Parada, segundo nos máster-30; oitavo concluíu David Fernández (Narón), terceiro nos elites por diante de Pablo Liñares (Xesteiras), noveno na xeral; e na décima posición aparece Antonio Rodríguez (Ourense Termal), terceiro nos máster-40. O caixón máster-30 completouno Samuel Baña (Toxo).

No resto de categorías individuais masculinas, Martín Sestelo (Avanza-O Porriño) impúxose nos juniors por diante de Iván Belmonte (Aluminios Cortizo), segundo, e Iago Carou (Jealsa-Barbanza), terceiro. En cantos aos máster-50, Francisco Xavier López (MTC) superou ao seu compañeiro de equipo Juan Manuel Expósito e xunto a eles subiu ao podio Manuel Castro (Toxo). Por último, nos máster-60 Carlos Gómez (Ourense Termal) adxudicouse o título, Antonio González (Salvaterra) quedou segundo e Manuel Carballo (Terras do Eume), terceiro.

Tres coroas femininas

A gran favorita entre as mulleres cumpriu cos prognósticos. Eva Ortega, gañadora da Copa Galicia, prolongou a súa hexemonía acumulando oito voltas en 2:40:47. A corredora do Extol avantaxou en 6:29 á tamén elite Irene Trabazo (XSM) e terceira finalizou Rebeca Muñoz (Xesteiras), conquistando a coroa máster-40. Mar Delgado (Monteneme-Calvo) colgouse o bronce elite e coa 'medalla de chocolate' na categoría raíña quedou Desiree Fernández (Ribadumia).

O terceiro título que estaba en xogo logrouno Sofía da Silva (Os Moqueteiros), primeira máster-30. Neste grupo de idade Silvia Blanco (Avelaíñas) anotouse a segunda praza e Mirian Iglesias (Media Ducia), a terceira. A recompensa dun posto de podio tamén a desfrutaron nas máster-40 Rebeca Nieto (Vara e Pedal), segunda, e Andrea Pousada (Poio Bike), terceira. 

Os premios do primeiro Campionato de Galicia do 2022 encargáronse de entregalos Santiago Freire, alcalde de Noia; Laura Salgado, concelleiro de Deportes; Miguel Mato, presidente do CPC Toxo; Carlos Martínez secretario do club organizador; e por parte da FCG o seu presidente Juan Carlos Muñiz e os directivos David Carrillo e Óscar Sánchez. 

Clasificacións con tempos por volta.

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es