Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo

08 DE ABRIL DE 2024

O elite do Academia Postal - Maceda regresou tras dúas temporadas ausente a un certame que iniciou o seu calendario 2024 en Coirós

Volveu-a-Copa-Galicia-XCO-volveu-Ivan-Feijoo-

Fotos: Luz Iglesias

O VII XCO Caimanes Betanzos activou este sábado o calendario da Copa Galicia de Cross Country Olímpico, un certame que este ano consta de oito citas puntuables e que recupera a un dos mellores corredores galegos dos últimos tempos nesta especialidade do BTT. Despois de dúas temporadas ausente, Iván Feijoo regresou a un circuíto de probas no que acumula unha longa lista de éxitos. O elite do Academia Postal - Maceda dominou con total autoridade unha das quince categorías que competiron no municipio coruñés de Coirós. 

A apertura do curso rexistrou unha sensacional cifra de participación, cun total de 254 inscritos, e contou cun elemento pouco agardado no mes de abril. Houbo barro no circuíto de A Cortella, unha dificultade engadida no trazado deseñado polo Club BTT Caimanes Betanzos.

A quenda inicial da xornada tivo como principal novidade a incorporación da categoría Infantil ao programa de competición da Copa Galicia XCO. Entre as máis novas venceu Marta Utrera (Armenteira e Punto) e nos rapaces Guillermo García (Avanza - O Porriño). Ao mesmo tempo fíxeronse coas vitorias nos seus grupos de idade o cadete Xian Alvariño (Lynalfa - Ponteareas), o máster-40 Jorge Aguín (Moto Bike), o máster-50 Antonio Rodríguez (Ourense Termal) e o máster-60 Manuel Bugallo (Biciosos - Rías Baixas).

imagen

A chuvia, presente na primeira quenda, non fixo acto de presenza na segunda e última. Sobre un terreo enlamado, Iván Feijoo divertiuse e ofreceu unha exhibición. O alaricano impúxose na carreira raíña masculina con 5 minutos e 51 segundos de vantaxe respecto a Rubén Deaño (Ourense Termal) e terceiro finalizou Alberto Pedreira (Bici Verde). O primeiro posto sub-23 conseguiuno Fabián Rodríguez (Cambre). No resto de categorías masculinas subiron ao máis alto do podio Adrián Caamaño (Caimanes Betanzos) nos juniors e Samuel Baña (Xesteiras) nos máster-30. 

Os mellores parciais entre as mulleres asinounos Loreña Patiño (XSM). A dobre campioa de España Cadete superou nas juniors con autoridade a súa compañeiro de equipo Marta Estévez. A vitoria entre as elite e sub23 correspondeu a Sofía Álvarez (Cambre), nas máster-40 a Silvia García (Bici Verde) e nas cadetes a Xiana Seijo (Caimanes Betanzos) nun dos triunfos máis traballados da xornada ao avantaxar en menos de medio minuto a Iris Santana (Coruxo).

imagen

A Copa Galicia XCO continuará este domingo na localidade pontevedresa de O Porriño. Toda a información deste certame pode seguirse na súa páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO24.

Clasificacións 

GALERÍA DE FOTOS

Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo
Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo
Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo
Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo
Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo
Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo
Volveu a Copa Galicia XCO, volveu Iván Feijoo
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es