10 DE SEPTIEMBRE DE 2024
O certame estatal de Cross Country Maratón (XCM) pechou o seu calendario do 2024 con catro bikers da nosa comunidade pisando o caixón a provincia de Jaén. Diego Álvarez (V Bikes) e Daniel García Castaño (Xesteiras) ocuparon o primeiro e o terceiro chanzo, respectivamente, do podio máster-30 tanto na xeral da Copa de España como no XIV Maratón BTT Sierra de Cazorla. Tamén houbo dobre presenza galega entre as tres primeiras clasificadas elite, con Susana Alonso (Extol-Zambora) acadando o segundo posto e Tamara Seijas (RG Bikes Scott) o terceiro.
A sexta e última xornada deste circuíto de desafíos constaba de 73 quilómetros e algo máis de 2000 metros de desnivel positivo acumulado. Noveno na táboa absoluta, o tudense Diego Álvarez foi o primeiro máster-30 que alcanzou a liña de meta. Nun final axustado, avantaxou en 17 segundos ao valenciano Xavier Calaf (Ulevel Sport) e en 1 minuto e 22 segundos ao catoirense Daniel García Castaño, os dous corredores que o escoltaron na entrega de premios.
Gañador máster-30 en tres dos maratóns da Copa, o do V Bikes certificou o título en Cazorla. A xeral encabezouna con 930 puntos, polos 750 que sumou Xavier Calaf e os 745 de Daniel García Castaño, que cedeu a segunda praza nesta última carreira.
En canto á competición feminina, ata catro galegas terminaron entre as cinco primeiras elite. Iso si, resisitiulles a vitoria. O triunfo obtívoo a líder da Copa, a andaluza María del Pilar Fernández (VAS), distanciándose en 11.35 min da mosense Susana Alonso, segunda na súa categoría e sexta absoluta. A lalinense Tamara Seijas -no seu primeiro maratón- fixo terceira, Raquel Román (Bici Verde) cuarta e Cecilia Abal (Ribadumia Bikescola) quinta.
BTT
BMX
BMX
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es