Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aprazado o Mini BTT de Maceda

16 DE AGOSTO DE 2025

A vaga de incedios que sofre a provincia de Ourense obriga a adiar o evento

Aprazado-o-Mini-BTT-de-Maceda

O Clube Ciclista Maceda vén de informar do aprazamento do XX Mini BTT de Maceda, previsto para este domingo 17 de agosto, por mor da vaga de incendios que sofre a provincia de Ourense. O comunicado publicado nas redes sociais do club é o seguinte: 

"Sentindoo moito, vemonos na obriga de suspender o XX MINI BTT DE MACEDA, que se iba a celebrar nesta fin de semana, dada a situacion tan terrible que está a vivir a provincia de Ourense nestes dias. Onte recibíamos a chamada da Xunta, que con bo criterio , nos comunicaba que non se podería celebrar o evento. Entendemos perfectamente que dada a situación non se poida celebrar. É o mais lóxico.

A nosa solidariedade e apoio a toda a xente que nestes dias está a sufrir esta lacra, e este horror E moita forza para todos os que están a combater o lume.

Estamos a buscar unha nova data para celebralo, o antes posible, tentando que sexa o vindeiro domingo 24. Todo vai depender de como evolucione a situación.

Grazas a tod@s pola vosa comprensión, e sobre todo, aos que xa estabades en Maceda, empezando a vivir o evento. Mil desculpas".

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es