Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Canal logra rematar a quinta etapa da Itzulia tras sufrir unha dura caída a 130 quilómetros da meta

09 DE ABRIL DE 2021

O limiao do Burgos BH subiu ao podio para recoller o premio ao corredor máis combativo da xornada

Canal-consegue-rematar-a-quinta-etapa-da-Itzulia-tras-sufrir-unha-dura-caida-no-treito-inicial

Foto: Photo Gómez Sport

Ás veces, o ciclismo non só coroa aos gañadores. En ocasións, aqueles que co seu sacrificio conseguen terminar a xornada reciben a súa recompensa. Carlos Canal foise ao chan este venres na Itzulia e tivo que ser atendido por abrasións, golpes e varias feridas na cara, queixo, ombreiro e perna dereita.

O ciclista máis novo da Itzulia foi capaz de regresar ao grupo principal e recibir as atencións dos médicos da proba. Con máis de 130 quilómetros por diante, o limiao do Burgos BH sufriu nas zonas máis duras pero alcanzou en tempo a meta de Ondarroa. Alí recibiu o premio da combatividade no podio, cunha sentida ovación do público.

"Na parte inicial, ía atento porque quería escaparme. Saíndo á fuga, abrinme porque se pechaba o pelotón para saír a un corte. Metín a roda nunha gabia para a auga e xa non puiden librar a caída. Pegueime un golpe forte e a verdade que me custou moito poder terminar", comentou Canal moi dolorido á conclusión da etapa.

Debido ás feridas sufridas, o ciclista de Xinzo de Limia non tomou a saída este sábado na última xornada da rolda vasca. 

Fonte: Burgos BH

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es