01 DE JULIO DE 2021
Cando están a piques de cumprirse seis meses do seu falecemento durante o Campionato de España de Ciclocrós en Cantabria, a figura de Guillermo Sande será recordada na súa cidade, nunha proba que era moi especial para quen foi durante case 25 anos máximo responsable técnico do ciclismo galego. O Club Ciclista Teis engade ao seu Gran Premio o apelido de Memorial Guillermo Sande. Esta cita do calendario de Estrada para cadetes e escolas, que tamén homenaxea a Roberto Rey (director do Club Ciclista Traviesas), celebrará a súa 29ª edición este domingo en Vigo a partir das 10:30 horas.
Non será a primeira vez que a entidade do barrio de Teis lle dedique a súa carreira a Guillermo Sande, director deportivo deste club durante dúas temporadas (1995-1996). Hai tres anos, no 2018, os responsables do conxunto amarelo xa lle brindaron aquela edición do seu Gran Premio como recoñecemento ao traballo realizado a prol do ciclismo autonómico.
A outra cita desta fin de semana no calendario autonómico para as categorías de base será o III Mini BTT Concello de Ribadumia. O evento organizado polo Club Ciclista Ribadumia comezará ás 10:00 horas. As carreira de XC para bikers benxamíns, principiantes, promesas, alevíns e infantís disputaranse nas inmediacións do Campo de Fútbol de Leiro.
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
FEDERACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es