Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A segunda etapa da Volta ofrecerá un espectacular percorrido con saída e chegada en Caldas de Reis

04 DE SEPTIEMBRE DE 2025

Os corredores terán que superar catro portos de montaña, o último co seu cumio a 7 quilómetros da liña de meta

A-segunda-xornada-da-Volta-a-Galicia-ofrecera-un-espectacular-percorrido-en-Caldas-de-Reis

A Volta a Galicia Elite e Sub-23 repetirá na provincia de Pontevedra na súa segunda xornada. Despois da contra o reloxo de apertura en Ribadumia, o venres 12 de setembro Caldas de Reis exercerá de epicentro dun espectacular percorrido. Na primeira tirada en liña, o trazado de 138 quilómetros inclúe catro portos puntuables de 3ª categoría. 

imagen

Samuel Blanco, o homenaxeado nesta edición da Volta, colaborou no deseño da etapa. A saída darase ás 12:30 horas e no treito inicial agarda o Alto da Cruz (km 23) e a continuación a Meta Volante da Estrada (km 26). O seguinte punto quente será o porto de Pontillón de Castro (km 73) antes dun primeiro paso pola liña de meta de Caldas de Reis no que se disputará unha Meta Volante (km 87). Máis puntos para a camisola verde repartiranse en Barrantes (km 112) e dentro dos últimos 20 km os corredores terán que superar as ascensións a Monte Lobeira (km 122) e ao Pousadoiro (km 131), que se coroará a 7 km da meta situada na rúa Carlos García Bayón 'Tafona', onde o final está previsto a partir a partir das 15:30 h.   

imagen

No acto de presentación da etapa en Caldas de Reis participaron o alcalde Jacobo Pérez; o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Fariña; o deputado provincial da Deputación de Pontevedra, Ricardo Martínez; as concelleiras e concelleiros Jose Acha, Sara Martínez, Carolina Martínez, Juan Carlos Ortigueira e Jesús Goldar; o homenaxeado Samuel Blanco; o empresario Manuel Piñeiro; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; e o director da Volta a Galicia, Jacobo Ucha. 

Consulta toda a información sobre as etapas da Volta a Galicia na súa páxina web oficial www.voltagalicia.com 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es