20 DE SEPTIEMBRE DE 2025
A 23ª Volta a Galicia Elite e Sub-23 rematou o pasado domingo rexistrando un éxito a todos os niveis. Catro días de ciclismo inesquecibles nos que resultou fundamental a axuda das institucións públicas. Ademais de contar como en cada edición coa Xunta de Galicia como principal apoio, este ano apostaron decididamente pola rolda autonómica a Deputación de Pontevedra, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Autoridade Portuaria de Ferrol e os catro concellos que exerceron de anfitrións das etapas: Ribadumia, Caldas de Reis, Barreiros e Ferrol.
A Federación Ciclismo Galego desexa recoñecer o compromiso destas entidades, fundamental para que a carreira sexa posible. Ese agradecemento plasmouse coa entrega dun recordo por parte do presidente Juan Carlos Muñiz e do director da proba Jacobo Ucha aos responsables institucionais de cada unha das sedes. Este traballo en conxunto permitiu que a Volta a Galicia fose unha proba segura, con gran ambiente de publico tanto nas saídas como nas chegadas e que se desfrutara dun gran espectáculo deportiva.
Moitas Grazas!
SELECCIÓNS
CARRETERA
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es