Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Parque empresarial de Nantes acolle este sábado o II Ciclocross Con da Romaíña - Sanxenxo

17 DE NOVIEMBRE DE 2021

A novena xornada da Copa Galicia comezará ás 13:30 horas

O-Parque-empresarial-de-Nantes-acolle-este-sabado-o-II-Ciclocross-Con-da-Romaina---Sanxenxo

O parque empresarial de Nantes acollerá este sábado, 20 de novembro, o II Ciclocross Con da Romaíña. Unha proba deportiva, organizada polo Club Corbelo en colaboración co Concello de Sanxenxo e a Federación Ciclismo Galego, que concentrará a un total de 400 participantes de distintos puntos de Galicia e España a partir das 13:30 horas.

O circuíto que conta cunha lonxitude de 2,5 quilómetros modificouse este ano para conseguir que a competición fose máis vistosa para o público asistente con fortes pendentes, subidas e baixadas. As categorías, dividas en masculina e feminina, competirán en distintas mangas de cadete, junior, elite, máster 30, máster 40, máster 50 e máster 60.

Ademais dos trofeos entregaranse premios en metálico para a categoría Elite feminino e masculina: 1º Premio, 100 euros; 2º Premio, 60 euros; 3º Premio, 40 euros; 4º Premio, 30 euros e 5º Premio, 15 euros.

O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, visitou acompañado do presidente do Club Corbelo, Iván Pérez, a zona na que se celebrará a novena xornada da Copa Galicia de Ciclocrós e que xa conta cos itinerarios delimitados. "O ciclismo conta cun gran número de seguidores no municipio e enriquece a nosa oferta deportiva que é cada vez máis ampla. Esta proba veu para quedar e a contorna é unha boa mostra da beleza do noso patrimonio natural", asegura Arosa.  

Fonte: Concello de Sanxenxo 

GALERÍA DE FOTOS

O Parque empresarial de Nantes acolle este sábado o II Ciclocross Con da Romaíña - Sanxenxo
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es