Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Presentación do I Ciclocross Concello de Ribadumia

24 DE NOVIEMBRE DE 2021

A undécima xornada da Copa Galicia dispútase este domingo dende as 09:30 horas

Presentacion-do-I-Ciclocross-Concello-de-Ribadumia-

Nunha fin de semana de estreas na Copa Galicia, a quenda de Ribadumia chegará o domingo. A partir das 09:30 horas terá lugar na Carballeira desta localidade do Salnés a primeira edición do Ciclocross do Concello de Ribadumia. Trátase da undécima xornada do certame autonómico.

O evento organizado polo Club Ciclista Ribadumia foi presentado este martes na casa consistorial deste municipio pontevedrés nun acto que contou coa presenza do alcalde David Castro; Juan Carlos Esperón, concelleiros de Deportes; Manuel González Martínez, deputado provincial; Javier Pombo, presidente do Club Ciclista Ribadumia; e Alberto del Río, seleccionador galego de ciclocrós e técnico da FCG. 

GALERÍA DE FOTOS

Presentación do I Ciclocross Concello de Ribadumia
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es