Facebook Twitter Youtube Instagram Español

As juniors María Filgueiras e Uxía Soto disputaron o seu primeiro Mundial de Ciclocrós

05 DE FEBRERO DE 2023

A betanceira e a ponteareá remataron 28ª e 45ª, respectivamente, no circuíto neerlandés de Hoogerheide

As-juniors-Maria-Filgueiras-e-Uxia-Soto-disputaron-o-seu-primeiro-Mundial-de-Ciclocros

O Campionato do Mundo de Ciclocrós 2023 celebrado na localidade neerlandesa de Hoogerheide será recordado polo dobrete local nas carreiras Elite, por medio de Fem van Empel e de Mathieu Van der Poel, e a nivel galego pola estrea de dúas promesas femininas na cita máis importante do planeta CX. A betanceira María Filgueiras e a ponteareá Uxía Soto foron as dúas representantes da selección española na carreira júnior disputada este sábado. Tanto a corredora do XSM como a do Supermercados Froiz completaron a proba, obtendo a 28ª e a 45ª posición, respectivamente. 

As dúas primeiras clasificadas na Copa de España 2022 medíronse ás mellores xuvenís do mundo nun circuíto duro e nun día húmido. Filgueiras, júnior de primeiro ano, estableceuse durante toda a carreira ao redor do posto 30 e realizando un bo final alcanzou a 28ª posición, rematando a 4 minutos da gañadora Isabella Holmgren (Canadá). A liña de meta cruzouna 4' despois que a súa compañeira de selección Uxía Soto, unha corredora que a vindeira temporada buscará seguir coa súa progresión na categoría Sub23. 

Entre as dez primeiras clasificáronse as italianas Federica Venturelli, cuarta, e Valentina Corvi, décima. As dúas ciclistas transalpinas estiveron en outubro coa súa selección participando nas probas internacionais que tiveron como escenario a nosa comunidade. Con aqueles eventos comezou unha temporada histórica para o ciclocrós galego, unha campaña chea de carreiras, de éxitos a nivel estatal e co broche dun dobre debut mundialista. 

Clasificación

 

GALERÍA DE FOTOS

As juniors María Filgueiras e Uxía Soto disputaron o seu primeiro Mundial de Ciclocrós
As juniors María Filgueiras e Uxía Soto disputaron o seu primeiro Mundial de Ciclocrós
As juniors María Filgueiras e Uxía Soto disputaron o seu primeiro Mundial de Ciclocrós
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es