Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Triplete galego nas cadetes e vitoria sub23 de Feijoo na apertura da Copa de España

12 DE OCTUBRE DE 2020

Andrés Martínez sumou a quinta medalla dos nosos representantes no circuíto valenciano de Sueca

Triplete-galego-nas-cadetes-e-vitoria-sub23-de-Feijoo-na-apertura-da-Copa-de-Espana-

O ciclocrós a nivel estatal regresou este domingo do mesmo xeito que se despediu o pasado mes de xaneiro no Campionato de España de Pontevedra: con triunfo de Iván Feijoo (Nesta) nos sub23 e con exhibición galega nas cadetes. María Filgueiras (Caimanes) impúxose no circuíto valenciano de Sueca por diante de dúas corredoras do Avanza, a subcampioa española Uxía Soto e Aroa Otero. A quinta medalla dos nosos representantes nesta primeira cita da Copa de España acadouna André Martínez (Avanza) ao finalizar terceiro nos cadetes. 

A carreira elite- sub23 masculina foi un recital de principio a fin de Felipe Orts (Teika), que respondeu con tremenda solvencia ao seu papel de gran favorito na súa estrea na campaña de ciclocrós. O ciclista alacantino tomou o mando da proba antes de completar a primeira media volta, despois de que o seu compañeiro Gonzalo Inguanzo arrincase con moitísima forza, e desde aí a comezado a impoñer un ritmo que foi excesivo para o trío perseguidor, integrado polos dous ciclistas do conxunto Nesta, o alaricano Iván Feijoo e Kevin Suárez, aos que se sumou o citado Inguanzo, compañeiro de escuadra de Orts.

A gran referencia do ciclocrós estatal xa completou con vantaxe a primeira volta e, xiro a xiro, foi incrementando a súa renda ata establecela por encima do minuto. Por detrás, desencadeouse unha bonita loita polo podio na que Feijoo, vixente campión de España sub2, terminouse impoñendo para facerse coa segunda praza na táboa absoluta, a 30 segundos de Orts, e a primeira na súa categoría. A terceira posición foi para Kevin Suárez, mentres que en cuarto lugar cruzou a meta Mario Junquera, tras completar unha carreira de menos a máis. Inguanzo, que estivo a pelexar un posto no caixón con Suárez e Feijoo, finalmente concluíu quinto.

Na proba raíña feminina Irene Trabazo estreouse como elite levándose a 'medalla de chocolate'. Quinta na clasificación absoluta e cuarta na da súa nova categoría, a marinense do XSM cruzou a liña de meta a 1:33 da gañadora Alicia González (Nesta) e a 40" de Aida Nuño, terceira. 

Podio 100% galego

De histórica pode calificarse a actuación das galegas cadetes no Ciclocross Internacional Ciutat de Sueca. María Filgueiras encabezou o triplete das nosas representantes; Uxía Soto repetiu o mesmo posto que rubricou no último Campionato de España; e Aroa Otero fíxose coa terceira praza. Marta Estévez (Avanza), sexta, e Vania Gregores (Ponteareas) tamén se meteron no 'top-10'.

A prata e o bronce das representantes do Avanza sumáronse á terceira posición do seu compañeiro de equipo André Martínez. Pablo Calvo (Stefano Garzelli) venceu a carreira cadete con 6 segundos de vantaxe sobre Carlos Gámez (Amunt) e con 15" respecto ao ciclista do conxunto porriñés. 

Preto de ocupar unha praza no podio quedou Miguel Rodríguez nos juniors. O do Ponteareas esprintou na recta final por ser segundo, pero tivo que conformarse coa quinta posición. A 22" do primeiro galego rematou Anxo Carril (Coruxo), oitavo, e 11" despois acabou Zoe del Río (XSM), décimo 

A Copa de España de ciclocrós regresára o 14 de novembro coa proba de Cabezón de Pisuerga. 

Clasificacións

 

GALERÍA DE FOTOS

Triplete galego nas cadetes e vitoria sub23 de Feijoo na apertura da Copa de España
Triplete galego nas cadetes e vitoria sub23 de Feijoo na apertura da Copa de España
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es