09 DE OCTUBRE DE 2021
O equipo Nesta arrincou en Pontevedra dúas brillantes vitorias nas categorías elite nunha xornada vibrante de ciclocrós no circuíto da Illa das Esculturas. Á superioridade mostrada por Lucia González na proba feminina sumouse a emocionante vitoria de Kevin Suarez na categoría masculina.
A xornada inaugural da Copa de España de ciclocrós arrincaba na Illa das Esculturas coa proba junior masculina, unha das tres, xunto cos elite e sub23 na que se poñían en xogo importantes puntos Uci da súa categoría Internacional C1.
A tripleta composta por Raúl Mira, Pablo Calvo e Iván Gomar (Teika) comandaron a carreira desde a primeira volta e só o galego Ricardo Buba (Coruxo) plantou cara ao dominio do equipo valenciano, pero dúas caídas deixáronlle fóra de podio. Na última volta as distancias abríronse, pero as posicións non cambiaron ata a liña de meta.
Tras a exhibición do Teika chegou a quenda das mulleres para reavivar o duelo entre Lucía González e Aída Nuño que se prolongou apenas unha volta, o que tardou a ciclista do Nesta en abrir gas e deixar de roda aos seus rivais. A campioa de España atopouse cómoda no rápido circuíto pontevedrés para impoñerse con case un minuto de vantaxe sobre a asturiana Nuño e a belga Laura Verdonschoft.
En sub 23 Olivia Onesti (Star Casino) foi a gañadora despois de finalizar sexta na liña de meta, completando o podio Lydia Pinto (Nesta) e a galega Carla Fernández (Farto), mentres que na categoría junior Uxia Soto (Froiz) foi a gran vencedora local visitindo como primeira líder da Copa de España. Vania Rico e Marta Beti acompañaron á porriñesa no podio como segunda e terceira clasificada respectivamente.
A proba raíña presumíase como un duelo aberto entre Felipe Orts e Van der Poel, principais candidatos a lograr impoñerse no C1 pontevedrés. O guiou parecía cumprirse nos primeiros compases, pero Kevin Suárez (Nesta) e Iván Feijoo (BH Templo) sumáronse ao duo de favoritos e abriron as hostilidades. Incluso o galego Miguel Rodríguez (Froiz) sumouse ao grupo de cabeza nunha gran exhibición de remontada cando aínda non se alcanzara o ecuador de carreira.
Foi no tramo final cando o alacantino Felipe Orts sufría unha picada que lle obrigaría a remontar para non perder opcións. O ataque de Kevin Suárez, permitiu ao cántabro do Nesta cobrarse unha vantaxe que sería decisiva na recta final dela proba. Só o neerlandés David Van der Poel puido seguir a roda de suarez sendo Feijoo o gran prexudicado ao perder incluso o seu posto no podio ante a espectacular remontada de Orts.
Vitoria no esprint fianal de Suárez, segunda praza para Van der Poel e terceiro Orts. Miguel Rodríguez (Froiz) confirmaba a súa gran carreira ao finalizar primeiro entres os sub23 por diante do francés Gylles Cyprien e Luke Verburg.
A xornada de tarde quedou reservada para os corredores das categorias de cadetes e máster.
Fonte: CX Pontevedra
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es