Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021

21 DE NOVIEMBRE DE 2021

O Academia Postal-Abanca de Maceda, o Cambre-Caeiro e o Vigo-Rías Baixas acadaron máis dun triunfo no Ciclocross Con da Romaíña

Sofia-alvarez-e-Saul-Lopez-abren-en-Sanxenxo-a-sua-conta-de-vitorias-na-Copa-Galicia-2021

Fotos: Luz Iglesias

A Copa Galicia de Ciclocrós celebrou este sábado en Sanxenxo a súa única xornada desta fin de semana. No noveno capítulo do certame autonómico viviuse unha dobre estrea nas carreiras raíñas. A júnior Sofía Álvarez (Cambre-Caeiro) e o elite Saúl López (Academia Postal-Abanca) abriron no II Ciclocross Con da Romaíña a súa conta de vitorias absolutas nesta campaña. 

Tres equipos acapararon case a metade dos triunfos na proba organizada polo Club Ciclista Corbelo no circuíto do Parque empresarial de Nantes. O club que liderou a táboa de éxitos foi o Academia Postal - Abanca. A tripla do conxunto de Maceda encabezouna o seu elite Saúl López. O corredor monfortino aproveitou a ausencia do líder elite-sub23 Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) para impoñerse por primeira vez esta temporada na clasificación absoluta. 

Nun escenario con pouco barro e que presentou varias novidades respecto á primeira edición do Ciclocross Con da Romáiña, con fortes pendentes, López asinou un tempo de 58:48, superando por 12 segundos ao líder elite Rubén Deaño (Ourense Termal). Neste axustado final, Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño) entrou a 23" do gañador e ocupou a terceira praza. O primeiro sub23 foi Ángel Maneiro (Vigo-Rías Baixas) e o seu compañeiro de club Iván Fernández dominou a carreira júnior.

Raíña xuvenil

O Cambre-Caeiro tamén subiu en dúas ocasións ao máis alto do podio en Sanxenxo e ambas vitorias chegaron nas competicións femininas. A júnior Sofía Álvarez non só gañou entre as xuvenís, senón que cruzou a liña de meta en primeira posición na carreira elite-sub23 e júnior. O seu primeiro triunfo absoluto no calendario autonómico de ciclocrós obtívoo tras 48 minutos e 4 segundos de esforzo sobre a bicicleta.

A 17" da muller máis forte da xornada rematou Isabel Castro (Condado Bike), primeira elite, e co terceiro posto fíxose a júnior Sarela Conde (Academia Postal - Abanca). A líder elite María Jesús Barros clasificouse cuarta, por detrás da tamén elite Aida García (Team Farto-BTC), mentres que Andrea García (Academia Postal- Abanca) recolleu o trofeo como mellor sub23. 

O palmarés da segunda edición deste evento completouse cos triunfos de Lara Fuentes (Cambre-Caeiro) e Uxío Atrio (Academia Postal - Abanca) en cadetes; Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) e Roberto Rodríguez (Bicicletas Chinquena) en máster-30; Rocío Blanco (A Forna) e Moisés Leboso (GD 10) en máster-40; Sonia Costoya (Corbelo) e Juan José Saborido (Speedcross) en máster-50; e Antonio González (Salvaterra) nos máster-60. 

A Copa Galicia regresará a vindeira fin de semana e por partida da dobre: o sábado na Cañiza e o domingo en Ribadumia. 

Clasificacións tempos por volta.

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
Sofía Álvarez e Saúl López abren en Sanxenxo as súas contas de vitorias absolutas na Copa 2021
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es