Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia dá outro salto no calendario internacional de ciclocrós con 5 eventos UCI a próxima campaña

15 DE FEBRERO DE 2022

Lago das Pontes, Ribadumia e Con da Romaíña-Concello de Sanxenxo súmanse ao XaxanCX como C2. O Gran Premio Cidade de Pontevedra repite categoría C1

Galicia-da-outro-salto-no-calendario-internacional-de-ciclocros-con-5-eventos-UCI-a-proxima-campana

O ciclocrós galego non deixa de medrar a nivel internacional. A nosa comunidade será o escenario na temporada 2022-2023 de cinco eventos do calendario UCI (Unión Ciclista Internacional), tres citas máis que na campaña que está a piques de rematar. Este repóker de probas concentrarase no mes de outubro. 

Durante oito días Galicia converterase na referencia do ciclocrós en Europa. O 8 de outubro abrirase este bloque de competicións internacionais co Gran Premio Cidade de Pontevedra, que por segundo ano consecutivo gozará da categoría UCI C1. A Illa das Esculturas acollerá o que todo apunta que será o ensaio xeral para o Campionato de Europa que, a falta de confirmación oficial, se disputará no circuíto ao carón do Lérez no 2024.  

Repetindo a fórmula das últimas temporadas, ao día seguinte (9 de outubro) o Ciclocross Internacional XaxanCX pechará a fin de semana. A xornada dominical organizada polo XSM de Marín no trazado de Chan de Gagán mantense como evento C2, o mesmo rango que as tres probas que se estrearán no panorama UCI, 

O 12 de outubro, festivo estatal, chegará a primeira edición do Ciclocrós Internacional Lago das Pontes, evento impulsado polo Club Ciclista Vilalba-As Pontes. A localidade coruñesa entra pola porta grande no calendario e exercerá de ponte con outra fin de semana de dobre cita con esta modalidade na provincia de Pontevedra.

O Concello de Ribadumia recuperou o pasado mes de novembro a súa aposta polo CX, quince anos despois de ter vivido un Campionato de España, e o vindeiro 15 de outubro dará un paso máis co bautizo do seu Ciclocrós Internacional. Ao mesmo desafío que o Club Ciclista Ribadumia lánzase o Club Ciclista Corbelo. Tras poñer en marcha no 2020 o Ciclocrós Con da Romaíña-Concello de Sanxenxo, na súa terceira edición a proba lucirá por primera vez no seu nome a catalogación de Internacional. 

Outra das grandes novas que presenta o calendario UCI aprobado nos últimos días é a disputa en España dunha xornada da Copa do Mundo. O penúltimo evento do certame que reúne aos mellores especialistas do planeta terá lugar o 22 de xaneiro na localidade valenciana de Benidorm.

 

GALERÍA DE FOTOS

Galicia dá outro salto no calendario internacional de ciclocrós con 5 eventos UCI a próxima campaña

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es