Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O GP Cidade de Pontevedra e o XaxanCX tamén serán probas UCI para as juniors

06 DE SEPTIEMBRE DE 2022

Ambos eventos estrearán rango internacional na categoría xuvenil feminina

O-GP-Cidade-de-Pontevedra-e-o-XaxanCX-tamen-seran-probas-UCI-para-as-juniors

Foto: Luz Iglesias

A primeira fin de semana do calendario de ciclocrós en Galicia engade un novo aliciente. Tanto o Gran Premio Cidade de Pontevedra como o XaxanCX apostan por dar un salto de nivel á categoría júnior feminina e estrearanse como probas UCI para as xuvenís. Unha decisión que aumenta o seu reclamo internacional. 

Nas anteriores edicións dos eventos que se celebran ao carón do río Lérez e en Marín, as juniors sumaban puntos para o ranking español. Porén, neste 2022 terán por primeira vez a oportunidade de pugnar na provincia de Pontevedra polos cobizados puntos UCI (Unión Ciclista Internacional), aos que xa optaban as elites e as sub23. 

O GP Cidade de Pontevedra encargarase o 8 de outubro de erguer o pano da temporada de ciclocrós 2022 na nosa comunidade, e tamén o da Copa de España, cunha cita de clase UCI C1. Ao día seguinte, repetindo a fórmula das últimas campañas, o Ciclocross Internacional XaxanCX pechará a fin de semana. A xornada dominical organizada polo XSM no trazado de Chan de Gagán é de rango UCI C2, o mesmo que as outras tres probas internacionais que se van disputar a seguinte semana na nosa comunidade: Lago das Pontes, Ribadumia e Con da Romaíña. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es