Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O XV Ciclocrós Castelo de Maceda - Copa Deputación contará este domingo con 270 corredores

25 DE NOVIEMBRE DE 2022

Oitava xornada da Copa Galicia

O-XV-Ciclocros-Castelo-de-Maceda---Copa-Deputacion-contara-este-domingo-con-270-corredores

Maceda acolle este domingo, día 27 de novembro, o XV Ciclocrós Castelo de Maceda - Copa Deputación. A oitava xornada da Copa Galicia contará coa participación de 270 corredores entre as diferentes categorías.

A sala de prensa da Deputación acolleu esta mañá unha reunión de presentación desta proba, na que estiveron o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; a vicepresidenta do Clube Ciclista Maceda, Elena González; o director técnico do Clube Ciclista Maceda e organizador da proba, Xulio Conde; e o presidente de honra do Clube Ciclista Maceda, Francisco Nóvoa.

Entre os 270 inscritos para esta cita destaca a presenza de corredores do club organizador como Iván Feijóo, Saúl López, Brais Sendín, Sarela Conde e Iris Fernández.

O XV Ciclocrós Castelo de Maceda - Copa Deputación comezará ás 10,00 horas nun circuíto de 2.600 metros deseñado e montado nos arredores do Castelo de Maceda, tendo como punto de saída e de meta o IES San Mamede. Ademais, unha das novidades desta edición é a disputa dunha proba de inclusión, onde participarán rapaces e rapazas con diversidade funcional.

Fonte: Deputación de Ourense 

GALERÍA DE FOTOS

O XV Ciclocrós Castelo de Maceda - Copa Deputación contará este domingo con 270 corredores
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es