03 DE OCTUBRE DE 2023
Todo comezou cun pioneiro como Borja Gómez e ano a ano non deixa de ir a máis. O Ciclocrós Inclusivo alcanzará esta campaña os seis eventos no calendario galego. As dúas primeiras carreiras disputaranse esta fin de semana formado parte dos programas do Gran Premio Cidade de Pontevedra, o sábado, e do Ciclocross Internacional XaxanCX, o domingo. Fai click nesta ligazaón para acceder ao Formulario de Inscrición
Despois dun inicio por todo o alto, o calendario inclusivo completará o seu mes de outubro o domingo 22 no Ciclocross Val de Esmelle en Ferrol. O segundo bloque da temporada arrancará o domingo 3 de decembro no Ciclocross Borja Gómez Méndez en Ponteareas e na véspera de Noiteboa as corredoras e os corredores con diversidade funcional volverán a escea o sábado 23 no Ciclocloss Castelo de Maceda. Por último, o o curso 2023-2024 pecharase para todo o ciclocrós autonómico o domingo 7 de xaneiro no Campionato de Galicia en Cambre.
Galicia impulsa o Ciclismo Inclusivo comezando polo Ciclocrós e desexando que se estenda ao resto de modalidades. A experiencia positiva do ano pasado anima a seguir traballando na mesma liña contando cos clubs organizadores como apoio fundamental. Búscase máis participación e tamén que aumente a presenza feminina. A Federación Ciclismo Galego promove este proxecto asumindo o custo da licenza dun día de tod@s @s ciclistas.
OUTUBRO |
||||
07-out |
GRAN PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA |
PONTEVEDRA |
|
|
08-out |
CICLOCROSS INTERNACIONAL XAXANCX 2023 |
MARÍN |
|
|
|
||||
22-out |
VII CICLOCROSS VAL DE ESMELLE |
FERROL |
|
|
|
|
|||
DECEMBRO |
||||
|
||||
03-dec |
III CICLOCROSS BORJA GÓMEZ MÉNDEZ |
PONTEAREAS |
|
|
|
||||
23-dec |
XVI CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA |
MACEDA |
|
|
|
||||
XANEIRO |
||||
07-xan |
CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCROSS - XIV CICLOCROSSS CONCELLO DE CAMBRE |
CAMBRE |
||
|
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es