22 DE NOVIEMBRE DE 2023
Será este domingo 26 de novembro nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete cando preto de 300 ciclistas chegados das catro provincias galegas e de fóra da nosa comunidade, de entre 14 e 69 anos, pedalearán os 2.600 metros dun renovado circuíto do Ciclocross Cidade de Santiago que forma parte da Copa de Galicia como a súa quinta xornada.
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Abel Gómez, presidente do Club Ciclista Compostelano; Berto del Río, técnico da Federación Ciclismo Galego, e Alberto Ferreiro, técnico do club ciclista Compostelano, presentaron esta mañá en rolda de prensa o XXII Trofeo de Ciclocross que terá lugar este domingo 26 de novembro. Organizado polo club ciclista Compostelano-Muebles Compostela, a competición celebrarase a partir das 09:30h cun percorrido que discorre na súa totalidade por zona verde, con meta e saída no Estadio Verónica Boquete.
A concelleira Pilar Lueiro convidou a toda a veciñanza a achegarse a San Lázaro para asistir a esta proba da que destacou "a súa espectacularidade e atractivo visual" e quixo reiterar "o compromiso do goberno co fomento do deporte e cunha disciplina, neste caso, o ciclocross rodeada de vitalidade e entusiasmo e que combina resistencia, técnica e estratexia nunha proba que xa é unha clásica con moita tradición na cidade, unha cita que leva 22 anos celebrándose".
O circuíto estará balizado, contando cun peche perimetral xa existente de malla, que impide o acceso desde a zona de Equipos sen pasar previamente polo control de acceso. Unha competición que é ademais puntuable para o ranking estatal, e no que colabora ademais do Concello de Santiago de Compostela, a Federación Ciclismo Galego e a Xunta de Galicia.
As categorías da proba serán infantil, elite e sub-23, júnior, cadete e máster 30/40/50/60 tanto en masculino como en feminino.
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es