Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Miguel Rodríguez comanda a media ducia de podios galegos na apertura da Copa España en Gijón

08 DE OCTUBRE DE 2024

O certame estatal de ciclocrós chegará este domingo a Marín

Miguel-Rodriguez-comanda-a-media-ducia-de-podios-galegos-na-apertura-da-Copa-Espana-en-Gijon

Fotos: RFEC

Un galego vestirá unha das camisolas de líder da Copa de España de Ciclocrós este domingo en Marín. O ponteareán Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) foi o mellor sub-23 e o segundo clasificado absoluto na carreira raíña masculina do XIV Trofeo Villa de Gijón, proba que o pasado domingo abriu o calendario do certame estatal. Ao podio no circuíto do Complejo Deportivo Las Mestas subiron outros cinco especialistas da nosa comunidade.

A primeira das oito citas puntuables volveu ter como gañador da carreira Elite e Sub-23 a Kevin Suárez (Nesta - MMR). A 1 minuto e 15 segundos do corredor cántabro cruzou a liña de meta Miguel Rodríguez despois de decantar ao seu favor o duelo pola segunda praza e por obter a camisola sub-23 cun dos seus compañeiros de equipo no Supermercados Froiz, o valenciano Raúl Mira. Como mellor elite galego -sétimo- rematou Luis Fernández Oliveira (Avanza - O Porriño), décimo sétimo na clasificación absoluta. 

A categoría Cadete ofreceu ata os últimos metros un man a man entre corredores da nosa comunidade polo segundo posto. Lucas Lozano (XSM) bateu ao esprint a Lucas Blanco (Cambre). Os dous finalizaron a 27" do vencedor, o asturiano Pelayo Gancedo (MMR). Nesta carreira José Manuel Pintos (Lynalfa Ponteareas) fixo décimo. 

imagen

Os outros tres podios galegos corresponden aos grupos de idade Máster. Marina González (Illas Cíes) acadou a segunda praza nas 40 e a terceira na táboa absoluta das máster; Andrés Calvete (Monte Xalo) tamén subiu ao segundo chanzo do caixón nos máster-40; e Darío Buceta (Farto) conseguiu a terceira praza nos 60. 

A nómina de postos top-10 do noso ciclocrós compuxérona: as cadetes Xiana Seijo (Caimanes Betanzos) quinta, Vega Aldrey (Cambre) sexta e Nerea Soto (Lynalfa Ponteareas) novena; a júnior Lorena Patiño (XSM) cuarta; a sub-23 Aroa Otero (Supermercados Froiz) oitava absoluta; o cadete Raúl Puelles (Caimanes Betanzos) quinto; os máster-30 Aquiles Sordo (Caimanes Betanzos) sexto, Jonathan Sousa (In Situ) sétimo e Jorge Pérez (Os Esfola Arrós) noveno; os máster-40 Moisés Leboso (G.D. 10) sexto e Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko) décimo; o máster-50 José Manuel Comesaña (Monteferro) oitavo; e o máster-60 Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) cuarto. 

imagen

O Ciclocrós Internacional XaxanCX dará continuidade este domingo á Copa de España na localidade pontevedresa de Marín. O único evento galego no calendario deste certamen celébrase ao día seguinte de que arranque no Porriño a Copa Galicia. 

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es