Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O alcalde de Pontevedra recibe á selección española antes do Campionato de Europa de Ciclocrós

31 DE OCTUBRE DE 2024

O acto puxo en marcha un evento que acolle mañá as probas máster

-O-alcalde-de-Pontevedra-recibe-a-seleccion-espanola-antes-do-Campionato-de-Europa-de-Ciclocros

A Praza da Peregrina acolleu esta tarde unha recepción oficial do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, á comitiva da selección española de ciclismo que disputará a partir deste sábado o Campionato de Europa de Ciclocrós.

Os 28 ciclistas da selección española, capitaneados polo Campión de España elite e top-10 mundial Felipe Orts, así como a xuvenil galega Lorena Patiño, e acompañados polo seleccionador Pascual Momparler e polo presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; puideron charlar co alcalde de Pontevedra e posar ante a igrexa da Peregrina, no centro de Pontevedra. O acto puxo en marcha un evento que acolle mañá as probas máster con máis de 300 rexistrados de 18 países, así como o Team Relay do sábado e as probas por seleccións estatais do domingo.

imagen

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lorez comezou o acto cun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da DANA na Comunitat Valenciana e Castela A Mancha, unha homenaxe que se repetirá durante as xornadas de competición e que afecta tamén a parte da selección española, procedente das rexións afectadas.

Despois dirixiuse aos 28 compoñentes do combinado estatal para agradecerlles a súa presenza neste Campionato de Europa e animarlles a pelexar por lograr o mellor resultado posible nunha cita de gran importancia para o seu calendario e o seu futuro deportivo. Fernández Lores aproveitou para charlar con Pascual Momparler e con Juan Carlos Muñiz das bondades da cidade de Pontevedra e a súa especial aposta por un centro peonil e unha cidade sostible, que acolle nos últimos anos eventos de renome internacional.

imagen

No acto, a selección española e a Federación Ciclismo Galego entregaron senllas camisolas da selección estatal e de Galicia ao alcalde de Pontevedra. Pola súa banda, Fernández Lores entregou a Momparler un obsequio de cerámica de Sargadelos.

A Illa das Esculturas acolle o Campionato de Europa de Ciclocrós desde mañá, coas probas máster, e o domingo pechará coas probas júnior, sub-23 e elite nas que a participación de todo o continente garante un enorme espectáculo, coa Zona Expo de patrocinadores, varios postos de comida e bebida para os asistentes con Pulseiras Gastro e as mellores seleccións estatais pelexando polo título de Campión de Europa.

www.cxpontevedra.com

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es