Facebook Twitter Youtube Instagram Español

IX Ciclocrós Val de Esmelle

04 DE DICIEMBRE DE 2025

Presentación da novena xornada da Copa Galicia

IX-Ciclocros-Val-de-Esmelle

Foto: Concello de Ferrol

O concelleiro de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, o presidente Juan Carlos Muñiz e o técnico Jose Alberto del Río da Federación Ciclismo Galego, e o presidente do Club BTT Esmelle, Antonio Grandal, presentaron este mércores a IX edición do Ciclocrós Val de Esmelle, que se celebrará o domingo 7 no Val de Esmelle e exerce de novena xornada da Copa Galicia. 

A competición comezará ás 10:00 horas e o punto de encontro é o anexo ao local da AVV Valle de Esmelle. Nese momento, producirase a saída das categorías Máster-50 masculino e Máster-60 masculino. Unha hora máis tarde, a do Máster-30 e 40 masculino e ás 12:00 horas o podio das categoría disputadas. Ás 12:15 horas sairán as probas cadete e infantil masculino, ás 13:00 horas élite, sub 23 e júnior feminino; cadetes e infantil feminino e máster feminino. Ás 14:00 horas competirán as categorías Elite e Sub-23 masculino e júnior masculino e, posteriormente, o podio destas categorías.

imagen

A distancia será de 2.500 metros, o perfil é duro e haberá un máximo de cinco obstáculos artificiais (paso elevado, escaleiras, obstáculos, banco de area, dubis e furado).

Entre outros, Aldrey destacou desta proba a boa organización, que "busca a seguridade de todos os participantes" e animou a toda a cidadanía a destrutar desta importante cita deportiva para a cidade.

Pola súa banda, Muñiz lembrou que a proba é puntuable para o Ranking estatal de ciclocrós e puxo en valor que, que esta cita chegue á súa novena edición "non é casualidade", senón froito do esforzo do BTT Esmelle e "dun Concello que traballa na promoción deste deporte".

Por último, Grandal anticipou que o terreo terá barro, "como lles gusta aos participantes", e concluíu amosando o seu agradecemento á Administración local.

Toda a información sobre a Copa Galicia de Ciclocrós está dispoñible na súa sección dentro desta mesma páxina web e tamén podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaCX

Fonte: Concello de Ferrol

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es