Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Cicloturismo de Estrada abrirá o seu calendario cun bloque de cinco marchas

03 DE FEBRERO DE 2023

En abril e maio chegarán La Road Pontevedra-Clásica Evaristo Portela, Xarotos Gran Fondo, Sestelo Clásica Álvaro Pino e Lobeira

O-Cicloturismo-de-Estrada-abrira-o-seu-calendario-cun-bloque-de-cinco-marchas

Un ano máis o ciclismo galego contará cunha considerable oferta de marchas cicloturistas de estrada. A primeira cita chegará na segunda metade de abril e abrirá un bloque de cinco eventos consolidados no calendario e que se celebrarán en mes e medio. 

O pano da temporada levantarase o domingo 16 de abril coa Ourense Strade Termal 2023 organizada por Noko 360 Sports Consulting. O seguinte domingo será a quenda de La Road Pontevedra-Clásica Evaristo Portela, organizada por Global DXT Team, que estrea data, percorrido e na que volverá a exercer de anfitrión o director deportivo do G.D. Supermercados Froiz. Unha semana despois, o domingo 30, o Porriño e as estradas da comarca da Louriña acollerán o seguinte desafío do calendario autonómico cicloturista. A Xarotos Gran Fondo, do Máster da Louriña, volverá mesturar esforzo con diversión.  

O mes de maio ofrece dúas rutas sobre asfalto históricas. A Sestelo Clásica Álvaro Pino, tras a súa reactivación hai dous anos, volverá percorrer o Condado Paradanta o 14 de maio tendo como epicentro Ponteareas. O prazo para anotarse no evento de Plan C xa está aberto. Dous domingos máis tarde, o día 28, a Marcha Cicloturista Club Ciclista Lobeira festexará as súas vodas de prata en Vilagarcía. Un xeito inmellorable de pechar a primeira parte da campaña 2023. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es