Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG outorgará dezaseis Mencións Especiais na Gala Ciclismo Galego

28 DE ENERO DE 2022

Homenaxearase pola súa carreira ao xa exciclista profesional Gustavo César Veloso e de xeito póstumo a Guillermo Sande, Ernesto Falcón e Adolfo Soliño.

A-FCG-outorgara-dezaseis-Mencions-Especiais-na-Gala-Ciclismo-Galego

A Gala Ciclismo Galego que se celebra este sábado dende as 19:30 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía resultará especialmente emotiva no capítulo das Mencións Especiais. Entre os dezaséis recoñecementos que outorgará a Federación Ciclismo Galego (FCG) por brillantes traxectorias, apoio ao ciclismo e sobranceiros resultados deportivos destacan catro homenaxes.

O xa ex corredor profesional de estrada Gustavo César Veloso será distinguido no seu concello tras colgar a bicicleta ao remate da pasada campaña, poñendo o punto final a unha dilatada carreira chea de éxitos como o seu dobre triunfo na xeral da Volta a Portugal ou na Volta a Catalunya do 2008. Por outra banda, o Ciclismo Galego renderá tributo a título póstumo a tres figuras históricas deste deporte na nosa terra que nos deixaron durante o último ano: Guillermo Sande, técnico da FCG durante case 25 anos; Ernesto Falcón, presidente do Club Ciclista Cambados; e Adolfo Soliño, presidente do Club Ciclista Cangas. 

A lista completa de Mencións Especiais é a seguinte:

Concello de Vilagarcía de Arousa - Premio polo seu plan estratéxico de mobilidade sostible ciclo vías

Sinesio Vázquez Barrio - Premio pola súa xubilación como árbitro

José Luis Padín Cousido - Premio pola súa xubilación como árbitro

Team Farto-BTC - Premio ao primeiro equipo profesional galego feminino

Guillermo García Janeiro - Premio polo seu paso a profesionais

Samuel Blanco Prol - Premio polo seu paso a profesionais

Carlos Canal Blanco - Premio polo seu paso a profesionais

Gustavo César Veloso - Premio á traxectoria deportiva

Guillermo Sande Covelo - Premio a unha vida dedicada ao ciclismo

Ernesto Falcón Padín - Premio a unha vida dedicada ao ciclismo

Adolfo Soliño Fernández - Premio a unha vida dedicada ao ciclismo

Protección Civil de Galicia-AXEGA - Premio a súa colaboración nos eventos de ciclismo

TVG2 - Premio á difusión do ciclismo galego 

Vigo-Rías Baixas - Premio 1º equipo Ranking Elite RFEC

Supermercados Froiz - Premio 2º equipo Ranking Elite RFEC

Ángel Suárez Alonso - Premio ao Mellor Ciclista Galego a Nivel Internacional 2021 

 

Ademais, de xeito excepcional, recoñecerase ás primeiras e aos primeiros clasificad@s na Copa Galicia de Estrada 2021 da categoría cadete debido a que a última xornada, a proba Promoción de Boiro organizada polo Club Ciclista Barbanza o 2 de outubro, estivo marcada polo problema de saúde que sufriu Alberto Rodríguez, técnico do Club Ciclista O Rosal. Na Gala Ciclismo Galego recibirán os seus premios: 

Lara Fuentes García - 1ª Copa Galicia Estrada Cadete

Lucía Ballester Yanes - 2ª Copa Galicia Estrada Cadete

Andrea Prado Lareo - 3ª Copa Galicia Estrada Cadete

Alejandro Crende López - 1º Copa Galicia Estrada Cadete

Iker Rodríguez Lomba - 2º Copa Galicia Estrada Cadete

Mauro Amor Berderón - 2º Copa Galicia Estrada Cadete

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es