Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Dobre xornada de tecnificación en ciclocrós para cadetes e juniors

27 DE DICIEMBRE DE 2022

Os preconvocados pola Selección de Galicia adestrarán e recibirán charlas o xoves en Ponteareas e o venres en Poio

Dobre-xornada-de-tecnificacion-en-ciclocros-para-cadetes-e-juniors

Repetindo a experiencia da temporada pasada, a Selección de Galicia de Ciclocrós celebra unha dobre xornada de tecnificación na última semana do ano. Cadetes e juniors adestrarán e recibirán charlas este xoves, día 29, en Ponteareas e o venres, día 30, en Poio. Nesta iniciativa participarán as corredoras e os corredores que forman parte da preconvocatoria confeccionada polo seleccionador Alberto del Río.

Coa colaboración do Club Ciclista Ponteareas, o arranque da actividade deseñada pola Federación Ciclismo Galego terá como escenario a vila do Tea. A ponencia do primeiro día tratará sobre nutrición deportiva, baixo o título de Fundamentos da alimentación do ciclista de ciclocrós, e será impartida por Jaime Juncal. Para esta xornada tamén hai programado un xantar de convivencia. 

O venres, co Poio Bike Club exercendo de anfitrión, cadetes e juniors reuniranse na localidade que acollerá o Campionato de Galicia do vindeiro 8 de xaneiro. Nesta ocasión a charla centrarase na psicoloxía deportiva e de compartir os seus coñecementos nesta materia encargarase Jorge Carril a través da sesión Como fortalecer a miña mentalidade na competición

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es