Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG para corredores juniors de estrada

22 DE MARZO DE 2023

O sábado 8 de abril en Carballo

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-para-corredores-juniors-de-estrada

Ao intenso programa de actividades deseñado pola Federación Ciclismo Galego para a Semana Santa, coas 'Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas' e o Campus XCO Ciclismo Galego, engádese un terceiro evento. O sábado 8 de abril os corredores juniors de estrada serán os protagonistas dunha Xornada de Tecnificación FCG que terá como escenario Carballo. A nómina de ciclistas da categoría xuvenil masculina que participarán nesta convivencia darase a coñecer a fin de semana anterior ao remate da Challenge Volta o Barbanza. 

O planning deseñado polo seleccionador autonómico Jacobo Ucha está na liña do que se vén aplicando durante os dous últimos anos nesta iniciativa formativa. Pola mañá realizarase unha sesión de adestramento, á conclusión da mesma os corredores xantarán xuntos e pola tarde chegará a quenda das charlas. Con este método de traballo búscase facer un seguemento in situ dos ciclistas e, ao mesmo tempo, estreitar lazos de cara ás competicións que disputará a Selección de Galicia. 

A terceira Xornada de Tecnificación FCG desta temporada é posible grazas á inestimable colaboración do Club Ciclista Carballo e do Concello de Carballo. As dúas convivencias anteriores celebradas esta campaña estiveron dirixidas aos corredores Sub23 de estrada e ás promesas do Enduro autonómico. Nas vindeiras semanas e meses haberá máis dedicadas a outras especialidades e categorías da canteira galega. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es