Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cursos Ciclismo Galego: Monitor de Escolas de Ciclismo

21 DE SEPTIEMBRE DE 2023

Do 19 ao 28 de outubro

Cursos-Ciclismo-Galego-Monitor-de-Escolas-de-Ciclismo

Os Cursos Ciclismo Galego regresan cunha ampla oferta durante os vindeiros meses. O primeiros deles está dirixido a Federad@s e Non Federad@s que queiran exercer de Monitor de Escolas de Ciclismo. Celebrarase dende o 19 ao 28 de outubro, de xeito online e presencial.

Esta actividade formativa arrancará o xoves día 19, de 20:00 a 22:00 horas, cunha sesión online sobre Normativa Técnica de Escolas impartida polo Comité Técnico de Árbitros da Federación Ciclismo Galego (FCG). O sábado día 21, no mesmo formato e dende as 09:00 ata as 13:30, as temáticas a tratar serán as Escolas de Trial, a cargo do rider Marcos Fernández, e as Escolas Mini DH e Pump Track, das que se encargará o especialista en Descenso e coach Luis Manovel. O martes 24, de 20:00 a 22:00, chegará a quenda das Escolas de Estrada con Jacobo Ucha -técnico da FCG- e no mesmo horario o xoves 26 afondarase nas Escolas de BTT da man de Alberto del Río -técnico da FCG-. Os apuntamentos e as clases quedarán colgados na zona privada d@ alumn@ na páxina web da FCG.

imagen

A xornada presencial é obrigatoria, tendo lugar o sábado 28, de 10:00 a 14:00 horas, na Federación Ciclismo Galego (Rúa Fotógrafo Luís Ksado, nº 17, Vigo). A sesión de Psicoloxía Deportiva en Ciclismo de Iniciación terá como relator a Jorge Carril, de Deportivamentes; os Primeiros Auxilios e RCP con Desa abordaranse con Pepe Aguilera; e a Mecánica Básica será explicada por Pablo Alfaya, de Bicimecánica Toñi Porto. Tras finalizar estas tres clases realizarase o exame e a clausura do curso.

O prezo para inscribirse é de 100 euros para federad@s e de 120 euros para non federad@s. O prazo para anotarse xa está aberto e remata o 17 de outubro ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para apuntarte e consultar toda a información

Máis cursos

Co obxectivo de promover e formar os diferentes estamentos que compoñen a FCG, está previsto para os vindeiros meses o lanzamento doutros cursos. O de Mecánico de Ciclismo está fixado para o 2 de decembro e proximamente tamén se informará sobre os de Cronometraxe Electrónica, Director Deportivo Nivel I e Director Deportivo Nivel 2. Máis información 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es