Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Vigo acolle este domingo o Campionato de Galicia de contrarreloxo por equipos

07 DE OCTUBRE DE 2016

Vigo acolle este domingo o Campionato de Galicia de contrarreloxo por equipos

Vigo-acolle-este-domingo-o-Campionato-de-Galicia-de-contrarreloxo-por-equipos

O pelotón galego de estrada despide o calendario 2016 este domingo en Vigo cunha cita innovadora. O circuíto de Beiramar será o escenario do Campionato de Galicia de contrarreloxo por equipos (CRE) para as categorías Junior, Elite-Sub23 e Máster. O Club Ciclista Ría de Vigo encárgase da organización dun evento autorizado pola Federación Galega de Ciclismo e no que tamén se porá en xogo o Trofeo Concello de Vigo 2016.

O perfil da proba resulta ideal para rodadores e para que os equipos expriman a coordinación dos seus corredores. O circuíto ten unha distancia de cinco kilómetros, coa liña de saída e chegada situada na explanada do Auditorio Mar de Vigo. O trazado por Beiramar caracterízase por ser principalmente recto e con xiros para cambiar de sentido en Bouzas e na Laxe.  

A distancia a percorrer varía segundo a categoría. Os juniors terán que completar 15 kilómetros tras dar tres voltas ao circuíto, a competición Máster disputarase sobre 20 kilómetros (catro voltas) e a de Elite-Sub23 alcanzará os 25 kilómetros (cinco voltas). Cada equipo estará composto por seis ciclistas, marcando o tempo o cuarto corredor que entra na liña de meta.

Nesta loita por escuadras contra o crono repartiranse os últimos maillots de campións autonómicos en estrada do ano 2016, antes de que dentro de dúas fins de semana arranque o calendario galego de ciclocross.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es