Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Montero revalida o dobre título de campión de España MH5

08 DE NOVIEMBRE DE 2021

O handbiker da Selección de Galicia colgouse dous ouros na Comunidad de Madrid polas súas vitorias na contra o reloxo e na proba en liña. Unha caída privou a Damián Ramos de adxudicarse o triunfo na carreira MC5.

Montero-revalida-os-dous-titulos-de-campion-de-Espana-MH5

Fotos: RFEC / LP's Photography

O defensor dos títulos estatais MH5 en estrada tiña unha tarefa pendente dende finais de maio na Comunidad de Madrid e completouna case medio ano despois. Iván Manoel Montero venceu este domingo na carreira en liña do Campionato de España de Ciclismo Adaptado, un evento que se suspendeu a pasada primavera debido ao desgraciado falecemento dunha voluntaria de Protección Civil cando xa se disputaran varias probas, entre elas a contra o reloxo individual na que o handbiker da Selección de Galicia revalidara a súa coroa. As dúas medallas de ouro recibiunas esta fin de semana e o combinado autonómico estivo a piques de obter unha terceira. 

A competición en territorio madrileño retomouse este sábado no mesmo punto no que quedara no mes de maio. Faltaban por celebrarse as contra o reloxos de bicicletas e tándems, e dos sete paraciclistas convocados por Galicia entraron en acción tres no circuíto de Cadalso de los Vidrios. O que máis preto estivo de colgarse un metal foi Severino Mato, cuarto na categoría MC5, clasificándose dous postos por diante do seu compañeiro de selección Damián Ramos. O representante autonómico en MC2, Alberto Abalde, rematou oitavo. 

A quenda das handbikes chegou o domingo. Montero conseguira a vitoria na crono superando con claridade na primavera a Jose Rojas (Sevilla No&Do) e no seu regreso á Comunidad de Madrid certificou o duplo ouro na localidade de Cenicientos. Nun esixente trazado de 22,1 quilómetros, con máis de 600 metros de desnivel positivo acumulado, o coruñés tiña que dar tres voltas ao circuíto e realizounas en 1 hora 35 minutos e 39 segundos. Estes dous títulos engádeos ao da Copa de España conquistado en outubro.

Exhibición e caída

O infortunio privou á Selección de Galicia, dirixida por Jacobo Ucha, de acadar un terceiro éxito. Ramos ofreceu unha exhibición en solitario na carreira MC5 que se ía traducir nun triunfo incontestable. Porén, a falta de 4 km para a liña de meta e gozando dunha vantaxe dun minuto, sufriu unha caída despois de que se lle saíse o tubular dianteiro. Un accidente que lle custou a vitoria e o podio. 

Ramos concluíu sexto, a continuación de Mata, que fixo quinto tras pelexar ao esprint pola cuarta praza. O conxunto galego competiu noutras tres categorías: Abalde repetiu oitavo posto en MC2, mentres que nas handbikes Ángel Plácido López concluíu cuarto en MH2 e Daniel Prada e Alejandro González terminaron duodécimo e décimo terceiro, respectivamente, en MH3. 

Clasificacións CRI

Clasificacións en liña

GALERÍA DE FOTOS

Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
Montero revalida o dobre título de campión de España MH5
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es