Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Un reto ao máis alto nivel: a Selección de Galicia viaxa á Copa do Mundo de Flamanville

11 DE ENERO DE 2022

O júnior Ricardo Buba, a júnior Laura Mira e o sub23 Miguel Rodríguez compiten este domingo en Francia

Un-reto-ao-mais-alto-nivel-a-Seleccion-de-Galicia-viaxa-a-Copa-do-Mundo-de-Flamanville

Logo de brillar no Campionato de España, a Selección de Galicia de Ciclocrós lánzase a un reto internacional. Tres ciclistas que subiron ao podio o pasado domingo en Xàtiva defenderán unha semana despois as cores do combinado autonómico no penúltimo evento da Copa do Mundo 2021-2022. O júnior Ricardo Buba, a júnior Laura Mira e o sub23 Miguel Rodríguez estarán na liña de saída da UCI Cyclo-Cross World Cup de Flamanville (Francia).

A rexión da Baixa Normandía recibe esta fin de semana aos mellores especialistas do planeta na modalidade invernal do ciclismo. O programa de carreiras da décimo cuarta xornada da Copa do Mundo arrancará o domingo ás 09:30 horas coa competición júnior masculina, a continuación celebrarase a proba xuvenil feminina (10:30 h.) e a quenda dos sub23 chegará ao mediodía (12:00 h.). O certame da Unión Ciclista Internacional comezou o 10 de outubro en Waterloo (Estados Unidos) e concluirá o 23 de xaneiro en Hoogerheide (Países Baixos).

Ningún ciclista galego participou no que vai de temporada nunha cita da Copa do Mundo, pero o trío convocado polo seleccionador autonómico Alberto del Río para viaxar a Flamanville xa desfrutou esta campaña dunha experiencia internacional. Os tres formaron parte do equipo que representou a España no Campionato de Europa celebrado a principios de novembro en Drenthe (Países Baíxos).

Aos éxitos obtidos en Galicia, adxudicándose tanto a xeral da Copa como o Campionato nas súas categorías, engadiron a pasada fin de semana as medallas do Campionato de España. O gondomareño Buba, ciclista do Coruxo, colgouse o ouro xuvenil en Xàtiva; a pontevedresa Mira, corredora do Supermercados Froiz, fíxose coa prata júnior; e o ponteareán Miguel Rodríguez, tamén do Supermercados Froiz, acadou o bronce sub23, categoría na que esta temporada triunfou na xeral final da Copa de España. 

Máis información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es