Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez disputará o Campionato de Europa de XCO coa selección española

05 DE AGOSTO DE 2022

O 19 de agosto en Munich

Pablo-Rodriguez-disputara-o-Campionato-de-Europa-de-XCO-coa-seleccion-espanola

Foto: @frabanvisuals

A selección española Elite de XCO acudirá con tres corredores ao Campionato de Europa de Cross Country Olímpico (XCO) e un deles será Pablo Rodríguez. O macedao do BH Templo Cafés compartirá equipo o 19 de agosto en Munich (Alemaña) con Jofre Cullell e Ismael Esteban.

Na lista confeccionada polo seleccionador Mikel Zabala destaca a ausencia do medallista olímpico David Valero, que opta por descansar de cara ao Campionato do Mundo (do 24 ao 28 de agosto). Ao ourensán Rodríguez, que vén de lograr a 18ª praza na Copa do Mundo de Snowshoe e que esta fin de semana compite en Canadá nunha nova xornada do certame da UCI, agárdalle no seu regreso a Europa un circuito de 4,3 quilómetros e 157 metros de desnivel que foi deseñado na contorna do Olympiapark de Munich, o parque que se ideou para acoller os Xogos Olímpicos de verán de 1972 na cidade xermana.

A carreira na que se pon en xogo o título continental forma parte do programa dun evento multideportivo que agrupará a disputa dos europeos de ciclismo, atletismo, tríatlon, vole praia, piragüismo, remo, ximnasia deportiva, escalada e pin pon. No referente ao ciclismo, inclúese a celebración do Campionato de Europa de Pista, Estrada, BMX Freestlye Park e XCO da categoría elite.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es